Día da Ascensión
O Día da Ascensión é unha festa cristiá que se celebra corenta días despois do Domingo de Resurrección (durante o Tempo pascual) e que conmemora a ascensión de Xesucristo ao ceo en presenza dos seus discípulos tras anunciarlles que lles enviaría o Espírito Santo.
| Día da Ascensión | |||||||||
|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
| Grandes Festas da Igrexa Ortodoxa | |||||||||
| |||||||||
| |||||||||
| |||||||||
| |||||||||
| |||||||||
| Wikidata C:Commons |

Doutrina cristiá
editarA doutrina cristiá sostén comunmente que Cristo ascendeu en forma física ao Ceo tras a súa Resurrección en presenza dos seus Apóstolos. Enténdese por "ascender ao ceo" unha unión física con Deus Pai e non unha transformación espiritual do individuo como é habitual nas experiencias místicas doutras relixións.
Este aspecto do misterio pascual relaciónase coa importancia dada pola teoloxía cristiá á corporeidade, que a Palabra de Deus asumiu na Encarnación, que é glorificada na Ascensión de Cristo á dereita de Deus Pai e que os mortos recobrarán, dalgún xeito, na Resurrección do fin dos tempos.
Nárrase este episodio en Marcos 16, 19; Lucas 24, 50-51 e Feitos dos Apóstolos 1, 9-11. A liturxia cristiá afirma a Ascensión no Credo de Nicea-Constantinopla e no Credo dos Apóstolos.
Data
editar| Día da Ascensión, 2010-2020 | ||
|---|---|---|
| Ano | Catolicismo e Protestantismo | Ortodoxia |
| 2010 | 13 de maio | |
| 2011 | 2 de xuño | |
| 2012 | 17 de maio | 24 de maio |
| 2013 | 9 de maio | 13 de xuño |
| 2014 | 29 de maio | |
| 2015 | 14 de maio | 21 de maio |
| 2016 | 5 de maio | 9 de xuño |
| 2017 | 25 de maio | |
| 2018 | 10 de maio | 17 de maio |
| 2019 | 30 de maio | 6 de xuño |
| 2020 | 21 de maio | 28 de maio |
| Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Día da Ascensión |
