Cumbria
Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. (Desde marzo de 2015.) |
Cumbria[1] é un condado administrativo situado na zona noroeste de Inglaterra, no Reino Unido. Os seus límites están no mar de Irlanda ao oeste e o cordal dos Peninos ao leste. A súa capital é Carlisle. Ocupa unha área de 6.768 km² e a súa poboación aproximada é de 489.829 habitantes. A segunda cidade maior de Cumbria é Barrow-in-Furness cunha poboación de 71.980 habitantes.
| Localización | |||||
|---|---|---|---|---|---|
| |||||
| Estado | Reino Unido | ||||
| País | Inglaterra | ||||
| Rexións | Noroeste de Inglaterra | ||||
| Capital | Carlisle | ||||
| Contén a división administrativa | Allerdale (–2023) Barrow-in-Furness (en) Carlisle (–2023) Copeland (–2023) Cumberland (2023–) Eden (–2023) South Lakeland (en) Westmorland and Furness (2023–) | ||||
| Poboación | |||||
| Poboación | 499.781 (2020) | ||||
| Número de fogares | 240.149 (2011) | ||||
| Xeografía | |||||
| Superficie | 6.766,5996 km² | ||||
| Punto máis alto | Scafell Pike (978 m) | ||||
| Comparte fronteira con | |||||
| Datos históricos | |||||
| Precedido por | |||||
| Creación | 1974 | ||||
| Organización política | |||||
| Órgano lexislativo | council of Cumbria County Council (en) | ||||
| ISO 3166-2 | GB-CMA | ||||
| Código NUTS | UKD1 | ||||
| Sitio web | cumbria.gov.uk | ||||
Cumbria limita cos condados de Northumberland, Durham, North Yorkshire, Lancashire e as zonas administrativas escocesas de Dumfries and Roxburgh, Ettrick e Lauderdale.
Componse de seis distritos: Allerdale, Barrow-in-Furness, Carlisle, Copeland, Eden e South Lakeland.
Cumbria creouse en 1974 e cobre os condados tradicionais de Cumberland e Westmorland, máis a zona dos Furness do condado de Lancashire e unha zona de Yorkshire. O nome "Cumbria" utilizouse para designar a rexión durante séculos.
Despois da creación do condado administrativo de Cumbria, algúns habitantes, sobre todo os que naceron ou medraron na zona, seguen referíndose á zona de Furness polo nome tradicional do seu condado: Lancashire.
A cultura da zona foi céltica e o seu nome deriva do nome da área en lingua cúmbrica. Está conectado etimoloxicamente co termo galés Cymru que significa Gales. Cumbria é unha das zonas máis celtas de toda Inglaterra.

En Cumbria encóntrase o Parque Nacional Lake District, considerado unha das zonas máis fermosas de toda Gran Bretaña. O punto máis alto do condado (e de toda Inglaterra) sitúase en Scafell Pike cunha altura de 978 metros sobre o nivel do mar.
Demografía
editarLugares de interese
editarNotas
editar- ↑ Benigno Fernández Salgado, ed. (2004). Dicionario Galaxia de usos e dificultades da lingua galega. Editorial Galaxia. p. 1304. ISBN 9788482887524.
Cumbria (RU)
Ligazóns externas
editar| Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Cumbria |
| A Galipedia ten un portal sobre: Inglaterra |