A cultura romana, tamén denominada cultura da Roma antiga ou civilización romana, foi o resultado dun importante intercambio entre civilizacións diferentes: a cultura grega e as culturas desenvolvidas en Oriente (Mesopotamia e Exipto, sobre todo) que contribuíron a formar a cultura e a arte dos romanos.
Un dos vehículos que máis contribuíu á universalización da cultura romana, que pronto foi a de todo o imperio, foi o uso do latín como lingua común de todos os pobos sometidos a Roma.
A duración da cultura romana en sentido estrito foi duns 1.200 anos, pero a súa influencia contínuou até a actualidade.