Crebinsky

filme de 2011 dirixido por Enrique Otero

Crebinsky é un filme galego de ficción dirixido por Enrique Otero e estreado en abril de 2011.

Crebinsky
 Título
   Crebinsky (gl) Editar o valor en Wikidata
 Instancia de
Características
 Cor
 Xénero artístico
 Lingua orixinal
Implicados
 Director/a
 Guionista
Datas
 Data de publicación
8 de abril de 2011 Editar o valor en Wikidata
Historia
 Premios e distincións
Cifras e dimensións
 Custo
   1.365.455 € Editar o valor en Wikidata
 Recadación
   48.198,9 € Editar o valor en Wikidata
 Duración
   90 min Editar o valor en Wikidata
Localización
 País de orixe
Códigos e identificadores
Freebase/m/0gks55r Editar o valor en Wikidata
Fontes e ligazóns
IMDB: tt1851880 Filmaffinity: 396863 Editar o valor en Wikidata
Wikidata

Sinopse

editar

A historia está ambientada na costa galega en xuño de 1944, no contexto da segunda guerra mundial. Feodor e Mijail Crebinsky son dous irmáns, fillos de María Cribeiro e Vladimir Crebinsky, un piloto ruso que sufrira un accidente aéreo anos antes. Noutro accidente os nenos quedan orfos, e logo dunhas choivas torrenciais o río crece e asolaga a aldea na que viven. Levados pola corrente, os irmáns e a súa vaca Mucha aparecen na costa. Fan unha cabana non lonxe dun faro, sobrevivindo grazas ás crebas, os obxectos que deixa o mar. Os irmáns Crebinsky criáronse sós dende novos, polo que teñen unha particular relación (comunícanse con frases simples e directas) e un peculiar modo de existencia (ao descoñeceren o uso real dos obxectos que atopan, recíclanos segundo mellor lles conveña en cada momento cun grande enxeño artesanal).

Sen sabelo, vense implicados no conflito bélico. Un piloto alemán da Luftwaffe ten un accidente na praia, e un submarino estadounidense decide desembarcar alí. Soldados alemáns que traballan preto de alí, nunha mina de volframio, van xunto cun falanxista na procura do piloto accidentado, pois levaba un radiotransmisor. Os irmáns comezan unha viaxe pola zona na procura da súa vaca, e chegan a unha verbena na que actúa un grupo musical. Finalmente atopan a vaca, xunto á tumba dos seus pais. Nese momento a vaca morre, e os irmáns regresan á aldea natal.

Personaxes

editar

Rodaxe

editar

Banda sonora

editar

A música do filme foi composta por Pablo Pérez. A banda sonora inclúe dous boleros interpretados por Patricia de Lorenzo. A música foi levada ao directo pola banda Universo Crebinsky, formada por Vadim Yukhnevich (voz e acordeón), Pablo Pérez (contrabaixo), Fernando Abreu (clarinete), Carlos Castro (vibráfono e percusión), Xacobe Lamas (violín), Miguel Queixas (batería), Pablo Rega (guitarra) e Enrique Otero (teclados).

Galardóns e nomeamentos

editar

No Festival de Cine Español de Málaga de 2011 recibiu dous premios: mellor guión novel e o premio Signis. Foi seleccionada no Festival Internacional de Pusan (PIFF) de 2010, en Corea do Sur.

Recibiu o Premio Agave 2011 á mellor película na segunda edición do FilmFest de Oaxaca de Juárez.

Nos premios Mestre Mateo 2010, Crebinsky tiña 12 candidaturas, levando finalmente catro galardóns: actor protagonista (Miguel de Lira), dirección artística (Ángel Amaro e Nanda Cuíña), dirección de fotografía (Sergio Franco) e maquillaxe e peiteado (Susana Veira).

AnoCategoríaReceptorResultado
9ª ediciónMellor filmeEnrique OteroNomeado
Mellor directorEnrique OteroNomeado
Mellor actorMiguel de LiraGañador
Mellor guiónMiguel de Lira e Enrique OteroNomeados
Mellor dirección de produciónSergio Gil e Pilar Pérez SolanoNomeados
Mellor dirección artísticaÁngel Amaro e Nanda CuíñaGañadores
Mellor montaxeJ. R. Lorenzo e Enrique OteroNomeados
Mellor música orixinalPablo PérezNomeado
Mellor sonDiego S. Staub e Xavier SoutoNomeado
Mellor fotografíaSergio FrancoGañador
Mellor maquillaxe e peiteadoSusana VeiraGañadora
Mellor deseño de vestiarioCarlos Alonso e Eva CaminoNomeados

Véxase tamén

editar

Outros artigos

editar

Ligazóns externas

editar