Corzo

cervídeo comunmente encontrado na Europa e Asia

O corzo ou corza (Capreolus capreolus) é un pequeno cervídeo comunmente encontrado na Europa e Asia, posuidor de galladas curtas, afiadas, e pelaxe avermellada no verán, e marrón-acinzentada no inverno.

Corzo
Capreolus capreolus
Carl von Linné 1758 Editar o valor en Wikidata
Imaxe
 Instancia de
 Nome curto
C. capreolus Editar o valor en Wikidata
 Nome común
Corzo Editar o valor en Wikidata
 Categoría taxonómica
 Combinación orixinal
 Conservación
Especie pouco preocupante
Clasificación taxonómica
SuperreinoHolozoa
ReinoAnimalia
FiloChordata
ClaseMammalia
OrdeArtiodactyla
FamiliaCervidae
TriboCapreolini
XéneroCapreolus
EspecieCapreolus capreolus Editar o valor en Wikidata
(Linnaeus, 1758) Capreolus capreolus Editar o valor en Wikidata
Cifras e dimensións
 Masa
Tamaño da niñada2 Editar o valor en Wikidata
Datas
 Duración máxima de vida
17.5 a Editar o valor en Wikidata
 Período de xestación
283 d Editar o valor en Wikidata
Historia
 Premios e distincións
Localización
 Mapas
Distribución
Códigos e identificadores
Freebase/m/01p5tm Editar o valor en Wikidata
OpenAlexC2779552062 Editar o valor en Wikidata
ITIS625063 Editar o valor en Wikidata
OTT460517 Editar o valor en Wikidata
UICN42395 Editar o valor en Wikidata
Fontes e ligazóns
Wikidata G:Commons C:Commons

Localización

editar

En Europa esténdese dende a rexión occidental do continente, estando só ausente de Irlanda, o sur de Portugal, Grecia e o norte de Escandinavia cunha área de distribución que se estende ata o norte da China.

Características

editar
Cría de corzo.

No estado adulto, o corzo ten unha altura na cruz de só 76 cm como máximo e un peso entre 15 e 30 quilos. Os machos presentan cornos pequenos de tres puntas que mudan cara comezos do inverno e que volven medrar ata comezos da primavera. A pelaxe é dunha cor castaña cunha lixeira tonalidade vermella en ámbolos dous sexos durante o verán, adquirindo unha tonalidade cincenta no inverno, momento que aparece unha mancha branca no lombo. O ventre é dunha cor máis clara que o lombo. Pola contra, os corciños presentan un pelico avermellado con pintas brancas que actúan como camuflaxe co seu contorno. Os seus berros son semellantes ós ladridos dos cans.

O corzo é un animal predominantemente forestal, e só sae a campo aberto en contadas ocasións durante o verán para engadir algunhas herbas á súa dieta, baseada no consumo de follas de arbustos e árbores baixas, así como brotes tenros. Adoita mostrarse activo cara ao solpor, e durante o día permanece agochado entre a vexetación.

As femias conviven cunha ou dúas crías que tiveron no ano. O normal é que pasen agochadas a maior parte do tempo e a femia só acode a elas para darlles de mamar, aínda que vixíe dende as inmediacións. Pola súa parte os machos acostuman ser solitarios ou vivir cunha femia e as súas crías. Na época de apareamento (inicios da primavera) vólvense fortemente territoriais e tratan de manter ós outros machos lonxe da súa área de influencia en todo momento, ó tempo que tratan de atraer ás femias para aparearse con elas. O corzo é un dos poucos ungulados con implantación diferida, polo que a fecundación case nunca se produce no momento do apareamento, senón ás veces varios meses despois. De tódolos xeitos, o normal é que o parto das crías (unha soa nas nais primíparas, dous nos partos seguintes) se produza no mes de maio.

O corzo é unha especie cinexética en toda a súa distribución, sendo a súa caza unha actividade moi frecuente en toda Europa central e na Península Ibérica. En España abunda especialmente na parte norte, e chega polo sur ata o mar de Alborán. Na provincia de Cádiz está en regresión pola perda de árbores.

  • Animal: The Definitive Visual Guide to the World's Wildlife, DK Adult Publishing, (2001), px. 241.
  • Boyle, K.V. 2006. Neolithic wild game animals in Western Europe: The question of hunting, pp 10 – 23. In Animals in the Neolithic of Britain and Europe, Serjeantson, D, e Field, D (eds). Oxbow Books: Oxford.
  • Lyneborg, L. (1971). Mammals. ISBN 0-7137-0548-5.
  • Reader's Digest, The Wildlife Year, p. 228, ISBN 0-276-42012-8.

Véxase tamén

editar

Ligazóns externas

editar