Copa Confederacións da FIFA

A Copa Confederacións da FIFA (en inglés: FIFA Confederations Cup) foi un torneo de fútbol organizado pola FIFA que enfrontaba a seleccións nacionais representantes de cada unha das confederacións da FIFA. Comezou celebrándose cada dous anos, pasando a celebrarse a partir de 2005 cada catro anos, xusto no ano anterior á celebración do Mundial no mesmo país organizador do evento.

Modelo:Competición deportivaCopa Confederacións da FIFA
Tipocompetición internacional de seleccións de fútbol Editar o valor en Wikidata
OrganizadorFIFA Editar o valor en Wikidata
Número de participantes8 Editar o valor en Wikidata
Localización  e  Datas
Vixencia1992 – 2017 Editar o valor en Wikidata
Calendario da tempadaxuñoEditar o valor en Wikidata
Intervalo de tempo– 2019 Editar o valor en Wikidata
Período de ocorrencia4 Editar o valor en Wikidata
Datos estatísticos
Partidos16 Editar o valor en Wikidata
Outro
Páxina web oficialfifa.com… Editar o valor en Wikidata

Competían no torneo oito seleccións: os campións de cada un dos torneos que organiza cada confederación (a Copa Asiática da AFC, a Copa de África de Nacións da CAF, a Copa Ouro da CONCACAF, a Copa América da CONMEBOL, a Copa das Nacións da Oceanía da OFC, a Eurocopa da UEFA) e mais a selección campioa do último Mundial e o país anfitrión.

Historia

editar

O torneo foi orixinalmente organizado e realizado en Arabia Saudita co nome de Copa do Rei Fahd (ou Campionato Intercontinental) disputándose en 1992 e 1995 pola selección de Arabia e mais algúns campións continentais. En 1997 a FIFA fíxose cargo da organización do torneo, renomeándoo Copa Confederacións da FIFA e fixando a súa celebración cada dous anos.

A partir de 2005 a Copa pasou a disputarse cada catro anos, no ano anterior á celebración do Mundial e no país que acollese esa edición do máximo torneo intercontinental de nacións. Na actualidade está considerado como un test ou ensaio xeral para os países encargados da organización do mundial ademais de lles permitir competir á súa selección nacional ao máis alto nivel durante os dous anos anteriores ao evento (débese recordar que o país anfitrión se cualifica automaticamente para o Mundial).

Cando o vixente campión mundial tamén acapara algún dos títulos continentais, o subcampión tamén disputa o torneo para completar o número de oito participantes. Na edición de 2005 produciuse unha complicada situación: o campión do mundo tamén era campión de América e o subcampión, Alemaña, estaba clasificado coma anfitrión, a solución á que se chegou foi a de convidar ao subcampión da Copa América, Arxentina.[1]

Até en tres ocasións houbo seleccións que decidiron non participar no torneo. O campión europeo de 1996, Alemaña, decidiu non facelo na edición de 1997 sendo substituída pola subcampioa, a República Checa. Francia, como campioa mundial de 1998 non participou na edición de 1999 sendo substituída pola finalista Brasil. Por último, a Alemaña subcampioa de 2002, foi substituída por Turquía (terceira nese mesmo Mundial) na edición de 2003.

O primeiro antecedente da Copa das Confederacións foi o Mundialito (ou Copa D'Oro). Tamén está considerado coma precursor deste torneo o Trofeo Artemio Franchi disputado en 1985 e 1993 entre os campións da Copa América e da Eurocopa [2].

Resultados

editar

Copa do Rei Fahd

editar
Ano Anfitrión Final Partido 3º e 4º posto
Campión Resultado Finalista 3º posto Resultado 4º posto
1992 [3]
Detalles
Arabia Saudita Arxentina 3–1 Arabia Saudita Estados Unidos de América Estados Unidos 5–2 Costa do Marfil Costa do Marfil
1995 [3]
Detalles
Arabia Saudita Dinamarca Dinamarca 2–0 Arxentina México 1–1
(5–4 q.p.)
Nixeria Nixeria

Copa das Confederacións

editar
Ano Anfitrión Final Partido 3º e 4º posto
Campión Resultado Finalista 3º posto Resultado 4º posto
1997
Detalles
Arabia Saudita Brasil Brasil 6–0 Australia Australia República Checa República Checa 1–0 Uruguai Uruguai
1999
Detalles
México México 4–3 Brasil Brasil Estados Unidos 2–0 Arabia Saudita
2001
Detalles
Corea do Sur
Xapón
Francia Francia 1–0 Xapón Australia Australia 1–0 Brasil Brasil
2003
Detalles
Francia Francia Francia 1–0
(gol de ouro)
Camerún Turquía Turquía 2–1 Colombia
2005
Detalles
Alemaña Alemaña Brasil Brasil 4–1 Arxentina Alemaña Alemaña 4–3
(prórroga)
México
2009
Detalles
Sudáfrica Suráfrica Brasil Brasil 3–2 Estados Unidos España España 3–2
(prórroga)
Sudáfrica Suráfrica
2013
Detalles
Brasil Brasil Brasil 3–0 España España Italia Italia 2–2 (7–6)
(penaltis)
Uruguai Uruguai
2017
Detalles
Rusia Rusia Alemaña Alemaña 1–0 Chile Chile Portugal Portugal 2–1
(prórroga)
México México

Palmarés

editar
Equipo Títulos Finalista 3º posto
Brasil Brasil 4 (1997, 2005, 2009, 2013) 1 (1999) -
Francia Francia 2 (2001, 2003) - -
Arxentina 1 (1992) 2 (1995, 2005) -
México 1 (1999) - 1 (1995)
Alemaña Alemaña 1 (2017) - 1 (2005)
Dinamarca Dinamarca 1 (1995) - -
Estados Unidos - 1 (2009) 2 (1992, 1999)
Australia Australia - 1 (1997) 1 (2001)
España España - 1 (2013) 1 (2009)
Arabia Saudita - 1 (1992) -
Xapón - 1 (2001) -
Camerún - 1 (2003) -
República Checa República Checa - - 1 (1997)
Turquía - - 1 (2003)
Italia Italia - - 1 (2013)

Goleadores

editar

Resumo

editar

Participación detallada por ano

editar
Equipo Arabia Saudita
1992
Arabia Saudita
1995
Arabia Saudita
1997
México
1999
Corea do Sur
Xapón
2001
Arabia Saudita
2003
Alemaña Alemaña
2005
Sudáfrica Suráfrica
2009
Brasil 2013 Rusia 2017Total
Brasil --CampiónF1RCampiónCampión Campión -7
México -1RCampión1R-- 1R 7
Xapón -1R--F1R1R- 1R -5
Arabia Saudita F1R1R---- - -4
Australia Australia --F--1R- - 1R4
Arxentina CampiónF----F- - -3
Alemaña Alemaña ---1R--- - Campión3
Estados Unidos de América Estados Unidos ---1R-F - -3
Camerún Camerún ----1RF-- - 1R3
Nova Zelandia Nova Zelandia ---1R-1R-1R - 1R3
Francia ----CampiónCampión-- - -2
España España ------- F -2
Italia Italia -------1R -2
Uruguai ------- -2
Nixeria Nixeria ------- 1R -2
Chile Chile - - - - - - - - - F 1
Bolivia ---1R---- - -1
Canadá ----1R--- - -1
Colombia ------- - -1
Costa do Marfil Costa do Marfil ------- - -1
República Checa República Checa ------- - -1
Dinamarca Dinamarca -Campión------ - -1
Exipto Exipto ---1R---1R - -1
Grecia Grecia ------1R- - -1
Corea do Sur ----1R--- - -1
Sudáfrica Suráfrica --1R---- - -1
Tunisia Tunisia ------1R- - -1
Turquía Turquía ------- - -1
Portugal Portugal - - - - - - - - - 1
Emiratos Árabes Unidos --1R----- - -1
Rusia Rusia - - - - - - - - - 1R 1
Tahití Tahití - - - - - - - - 1R - 1
  • 1R: Eliminado na primeira rolda
  • F: Finalista
  • C: Campión

Estatísticas xerais

editar
Equipo P G E P GF GC Dif
Alemaña Alemaña 138232922+7
Arabia Saudita 123181331-18
Arxentina 105322214+8
Australia Australia 165381725-8
Bolivia 302123-1
Brasil Brasil 3323557628+48
Camerún 11425711-4
Canadá 301205-5
Chile Chile 513143+1
Colombia 5203550
Corea do Sur 320136-3
Costa do Marfil Costa do Marfil 200229-7
Dinamarca Dinamarca 321051+4
Emiratos Árabes Unidos Emiratos Árabes Unidos 310228-6
España España 10712268+18
Estados Unidos 1561820200
Exipto Exipto 6123817-9
Francia Francia 10901245+19
Grecia Grecia 301204-4
Iraq 302101-1
Italia Italia 83231315-2
México 27116104443+1
Nixeria Nixeria 6222117+4
Nova Zelandia 120111332-29
Portugal Portugal 532093+6
República Checa República Checa 5212107+3
Rusia Rusia 3102330
Suráfrica 7124912-3
Tahití 3003124-23
Tunisia Tunisia 310235-2
Turquía 5212880
Uruguai Uruguai 105142213+9
Xapón 165291925-6
  1. "2005/2006 season: final worldwide matchday to be 14 May 2006". Arquivado dende o orixinal o 15 de xuño de 2010. Consultado o 16 de xuño de 2009.
  2. Intercontinental Cup for Nations
  3. 1 2 As primeiras dúas edicións foron de facto a defunta Copa do Rei Fahd. Posteriormente a FIFA recoñeceunas retroactivamente coma Copas Confederacións. Véxase http://www.fifa.com/tournaments/archive/tournament=101/awards/ Arquivado 10 de abril de 2009 en Wayback Machine..

Véxase tamén

editar