Confederación do Rin

A Confederación do Rin (en alemán Rheinbund) foi o nome que recibiu a asociación de estados alemáns establecida en 1806 por Napoleón I de Francia tras conquistar este a case totalidade de Renania no marco das denominadas Guerras Napoleónicas.

Confederación do Rin
 Nome orixinal
    Rheinbund (de)   Editar o valor en Wikidata
Imaxe
 Instancia de
 Composto por
Gran Ducado de Baden (12 de xullo de 1806 - )
Reino de Saxonia (11 de decembro de 1806 - )
Reino da Vestfália (pt) Traducir (15 de novembro de 1807 - )
Reino de Württemberg (12 de xullo de 1806 - )
Grão-Ducado de Wurzburgo (pt) Traducir (23 de setembro de 1806 - )
Grand Duchy of Berg (en) Traducir (12 de xullo de 1806 - )
Gran Ducado de Hesse (12 de xullo de 1806 - )
Reino de Baviera (12 de xullo de 1806 - )
Principado de Regensburg (pt) Traducir (12 de xullo de 1806 - 22 de maio de 1810) Editar o valor en Wikidata
Características
 Lingua oficial
 Lingua usada
 Forma de goberno
Implicados
 Órgano lexislativo
Datas
 Fundación / creación
1 de agosto de 1806 Editar o valor en Wikidata
 Disolución / destrución
11 de decembro de 1813 Editar o valor en Wikidata
Historia
 Substitúe
 Substituído por
Confederación Xermánica (1815 - 1866) Editar o valor en Wikidata
Localización
 Continente
 Capital
 Coordenadas
 Mapas
Mapa de localización
Códigos e identificadores
VIAF156590657 Editar o valor en Wikidata
ISNI0000000121923937 Editar o valor en Wikidata
Freebase/m/02kr0l Editar o valor en Wikidata
Fontes e ligazóns
Wikidata C:Commons

Formación

editar
Xerónimo Bonaparte, Rei de Westfalia

Con anterioridade ao rei de Baviera impuxéraselle como xenro ao fillastro de Napoleón e as casas de Württemberg e Baden recibiron tamén familiares do emperador. Estes tres antigos estados transformáronse en reinos absolutistas, a pesar de que o código Napoleónico se implantou en tódolos Estados creados polo Emperador, abolíronse o feudalismo e a servidume e estabeleceuse a liberdade de culto. Foille outorgada a cada Estado unha constitución na que se concedía o sufraxio universal masculino e unha declaración de dereitos e a creación dun parlamento; foi instaurado o sistema administrativo e xudicial francés; as escolas quedaron supeditadas a unha administración centralizada e ampliouse o sistema educativo libre. Cada Estado dispuña dunha academia ou instituto destinado á promoción das artes e as ciencias, á vez que se financiaba o traballo dos investigadores.

Napoleón outorgouse a si mesmo o título de Protector da Confederación do Rin co que tivo á súa disposición un exército adicional de 60 000 soldados. A capital da Confederación estableceuse en Frankfurt am Main.

A finais de 1806 e despois da derrota de Prusia a mans de Napoleón, este creou o Reino de Westfalia, co que levou a fronteira occidental do Imperio Francés até o río Elba. Consecuencia da derrota Prusiana foi tamén a creación do Gran Ducado de Varsovia.

No seu período de máxima extensión (1808-1809), a confederación comprendía 38 estados, 360 000 km² e 15 millóns de habitantes. Ben acollida polo pobo nun principio e interpretada como un paso cara á unificación, a súa popularidade diminuíu a medida que a integración no Sistema Continental se traduciu na implantación de duras medidas económicas.

Disolución

editar

A Confederación disolveuse despois da derrota de Napoleón na Batalla de Leipzig en 1813; cada un dos estados alemáns asinou a paz e apoiou a Alianza entre Prusia, Rusia, Austria e Gran Bretaña. O Congreso de Viena (1814-1815) acordou a creación da Confederación Xermánica, que substituíu a do Rin.

Membros da Confederación

editar
A Confederación en 1807
A Confederación en 1812

As seguintes táboas amosan os membros da confederación, coa súa data de ingreso e o número de tropas achegadas listadas entre parénteses.

Reinos

editar
Bandeira Nome Data de ingreso Notas
Baviera Baviera 1806, 12 de xullo Cofundador; antigo ducado (30.000)
Saxonia Saxonia 1806, 11 de decembro Antigo ducado (20.000)
Westfalia Westfalia 1807, 15 de novembro Creación Napoleónica (25.000)
Württemberg Württemberg 1806, 12 de xullo Cofundador; antigo ducado (12.000)

Principados

editar

Ducados

editar
Bandeira Nome Data de ingreso Notas
Anhalt Anhalt-Bernburg 1807, 11 de abril (700)
Anhalt Anhalt-Dessau 1807, 11 de abril (700)
Anhalt Anhalt-Köthen 1807, 11 de abril (700)
Arenberg Arenberg 1806, 12 de xullo Cofundador (4.000)
Baden Baden 1806, 12 de xullo Cofundador; antigo margrave (8.000)
Berg Berg 1806, 12 de xullo Cofundador; (2.000)
Hesse-Darmstadt Hesse-Darmstadt 1806, 12 de xullo Cofundador; antigo landgrave (4.000)
Frankfurt Frankfurt 1806, 12 de xullo Cofundador; até 1810 Abp Mainz Arcebispado de Maguncia
Mecklenburg Mecklemburgo-Schwerin 1808, 22 de marzo (1900)
Mecklenburg Mecklemburgo-Strelitz 1808, 18 de febreiro (400)
Nassau Nassau 1806, 12 de xullo Nassau-Usingen e Nassau-Weilburg; co-fundadores (8.000)
Oldenburgo Oldenburgo 1808, 14 de outubro (800)
Saxe-Coburg-Gotha Saxonia-Coburgo 1806, 15 de decembro (parte dos 2.000 dos Ducados Saxóns)
Saxe-Coburg-Gotha Saxonia-Gotha 1806, 15 de decembro (parte dos 2.000 dos Ducados Saxóns)
Missing image Saxonia-Hildburghausen 1806, 15 de decembro (parte dos 2.000 dos Ducados Saxóns)
Saxe-Meiningen Saxonia-Meiningen 1806, 15 de decembro (parte dos 2.000 dos Ducados Saxóns)
Saxe-Weimar Saxonia-Weimar 1806, 15 de decembro (parte dos 2.000 dos Ducados Saxóns)
Würzburg Würzburg 1806, 23 de setembro Creación Napoleónica (2.000)

Véxase tamén

editar