Claude Perrault

arquitecto francés

Claude Perrault (pronucniado en francés [klod pɛʁo]; nado o 25 de setembro de 1613 – finado o 9 de outubro de 1688) foi un médico francés e arquitecto amador, máis coñecido pola súa partiipación no deseño da fachada leste do Louvre en París.[1] Tamén deseñou o Observatorio de París e foi un anatomista e autor que escribiu tratdos de arquitectura, física e historia natural.[2]

Modelo:BiografíaClaude Perrault

Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento25 de setembro de 1613 Editar o valor en Wikidata
París Editar o valor en Wikidata
Morte9 de outubro de 1688 Editar o valor en Wikidata (75 anos)
París Editar o valor en Wikidata
Causa da mortesepse Editar o valor en Wikidata
Actividade
Lugar de traballo París Editar o valor en Wikidata
Ocupaciónmédico, tradutor, botánico, fisiólogo, teórico da arte, zoólogo, arquitecto, escritor, anatomista, construtor Editar o valor en Wikidata
Período de actividade1633 Editar o valor en Wikidata - 1688 Editar o valor en Wikidata
Membro de
Obra
Obras destacables
Abreviación dun autor en botánicaPerrault Editar o valor en Wikidata
Familia
IrmánsNicolas Perrault
Pierre Perrault
Charles Perrault Editar o valor en Wikidata

Descrito pola fonteEnciclopedia soviética xeorxiana, (vol:8, p.32)
Biblioteca dixital BEIC
Dicionario Enciclopédico Brockhaus e Efron Editar o valor en Wikidata
Enciclopedia Galega Universal: 166771 BNE: XX1162594 WikiTree: Perrault-1132
Retrato do século XVII de Claude Perrault

O seu irmán Charles Perrault é lembrado como o autor que reescribiu o vello conto de Cincenta entre outros contos.[3][4]

Biografía

editar

Perrault naceu e morreu en París.[1][5]

Como médico e filósofo natural, que obtivo un título de medicina na Universidade de París en 1642, Perrault converteuse nun dos primeiros membros da Academia Francesa das Ciencias cando se fundou en 1666.[1][6]

Un comité comisionado por Luís XIV, o Petit Conseil, formado por Louis Le Vau, Charles Le Brun e Claude Perrault, deseñou a fachada leste do Louvre.[7] Empezou a construírse en 1667 e estaba practicamente finalizada en 1674.[8] En 1680, Luís XIV abandonou o Louvre e centrou a súa atención no Palacio de Versalles. A á situada detrás da fachada leste non se finalizou ata o século XIX coa chegada de Napoleón. O deseño definitivo da fachada leste atibúese a Claude Perrault, que fixo as alteracións finais para axustalas á decisión de facer de dobre tamaño a á sur.[9] Tamén creou proxectos para unir o Louvre co Palacio das Tullerías[5][10][11][12] e puido ser el quen ideou o uso do de barras de unión de ferro detrás da entaboamento da fachada leste para resolver problemas de eneñaría orixinados por forzas que causaban estrés na albanelaría.[13][14]

Perrault deseñou o Observatorio de París (1667–1669), un instituto de investigación da Academia das Ciencias.[6][16] O seu deseño para un arco do triunfo na rúa de St-Antoine foi preferido aos deseños que competían con el de Le Brun e Le Vau, pero só foi en parte executado en pedra.[6][17] Cando o arco foi desmontado no século XIX, viuse que ideara un medio de conectar as pedras sen usar morteiro, para que constituísen unha masa inseparable.[18] Tamén creou un deseño (non executado) que usaba columnas independentes para a reconstrución da igrexa de Santa Xenoveva en París.[5][19]

Retrato dobre de François Mansart e Claude Perrault.

Xunto coa súa participación no deseño do Louvre, chegou a ser moi coñecido pola súa tradución ao francés dos dez libros de Vitruvio, os únicos que sobreviviron da arquitectura romana. Empezou animado por Colbert, e foi publicado coas anotacións de Claude Perrault en 1673. A este seguiu o seu tratado das cinco ordes clásicas da arquitectura en 1683.[2][6]

Ademais, fixo unha valiosa contribución á acústica. O seu tratado sobre o son formaba parte do seu libro Oeuvres diverses de Physique et de Mecanique. No seu último libro trata de asuntos como medios do son, fontes de son e receptores de son. Na acústica musical sinalou a importancia da vibración en consonancia e disonancia. O seu estudo "De la Musique des Anciens" nas Oeuvres diverses discutiu como as combinacións de notas orixinan a harmonía. Tamén contén exames críticos de vellos manuscritos sobre música europea.[20]

Libros que escribiu

editar
Oeuvres diverses de physique et de mechanique, 1721
  1. 1 2 3 "Claude Perrault. French physician and architect", Britannica en liña. Consultdo o 5 de maio de 2022.
  2. 1 2 Hazard 2007.
  3. "Charles Perrault. French author", Britannica en liña. Consultdo o 5 de maio de 2022.
  4. Michel 1996.
  5. 1 2 3 Tadgell 1996.
  6. 1 2 3 4 Hermann 1982.
  7. Ayers 2004, p. 31.
  8. Berger 1993, p. 48.
  9. Ayers 2004, p. 36.
  10. 1 2 Blondel 1756, pp. 9–15.
  11. Picon 1988, p. 189.
  12. Daufresne 1987, pp. 73–78.
  13. Berger 1993, pp. 65–74.
  14. Neumann 2013, p. 297.
  15. Berger 1993, p. 90 (A6) e Fig. 67.
  16. Picon 1988, pp. 197–223.
  17. Picon 1988, pp. 223–230.
  18. Gietmann 1913, p. 702.
  19. Picon 1988, pp. 237–248.
  20. Perrault; Lesure.

Véxase tamén

editar

Bibliografía

editar
  • Ayers, Andrew (2004). The Architecture of Paris. Stuttgart; Londres: Edition Axel Menges. ISBN 9783930698967.
  • Berger, Robert W. (1993). The Palace of the Sun: The Louvre of Louis XIV. University Park: The Pennsylvania State University Press. ISBN 9780271008479.
  • Blondel, Jacques-François (1756). Architecture françoise, vol. 4. Paris: Charles-Antoine Jombert.
  • Daufresne, Jean-Claude (1987). Louvre et Tuileries: Architectures de papier. Brussels: Pierre Mardaga. ISBN 9782870092828.
  • Gietmann, Gerhard (1913). "Perrault, Claude", vol. 11, pp. 701–702,[Verificar credibilidade] in The Catholic Encyclopedia, edited by Charles G. Herbermann et al., 15 volumes. New York: The Encyclopedia Press.
  • Hazard, Jean (2007). "Claude Perrault, architecte célèbre, médecin inconnu, chercheur indefatigable" (in French) ["Claude Perrault, famous architect, unknown physician, untiring researcher"]. Histoire des Sciences médicales, vol 41, no. 4, pp. 399–406. PMID 18450300.
  • Hermann, Wolfgang (1982). "Perrault, Claude", vol. 3, pp. 391–392, in Macmillan Encyclopedia of Architects, edited by Adolf K. Placzek. Londres: The Free Press. ISBN 9780029250006.
  • Michel, Christian (1996). "Perrault family: (3) Charles Perrault", vol. 24, p. 470, in The Dictionary of Art, edited by Jane Turner. Londres: Macmillan.
  • Neuman, Robert (2013). Baroque and Rococo Art and Architecture. Boston: Pearson. ISBN 9780205832262.
  • Perrault, Claude; Lesure, François. "Du bruit"; et "De la musique des anciens", extracts from Oeuvres diverses de physique et de mécanique (tome 2); and Préface manuscrite du Traité de la musique de Claude Perrault (Bibl. Nat. manuscr. fr. 25,350). Bibliothèque nationale de France.
  • Picon, Antoine (1988). Claude Perrault, 1613–1688, ou, La curiosité d'un classique. París: Picard. ISBN 9782708403772.
  • Tadgell, Christopher (1996). "Perrault family. (2) Claude Perrault", vol. 24, pp. 470, in The Dictionary of Art, edited by Jane Turner. Londres: Macmillan.

Ligazóns externas

editar