Claire Denis
Claire Denis, nada en París o 21 de abril de 1948, é unha directora de cinema francesa e profesora do European Graduate School en Saas-Fee, Suíza.[1]
![]() | |
| Biografía | |
|---|---|
| Nacemento | 21 de abril de 1946 París |
| Educación | Instituto de Altos Estudos de Cinematografía |
| Actividade | |
| Campo de traballo | Dirección de cine e guión cinematográfico |
| Ocupación | actriz, profesora universitaria, realizadora, guionista, directora de cine, guionista de cinema |
| Empregador | European Graduate School |
| Participou en | |
| 2022 | Festival Internacional de Cinema de Cannes de 2022 |
| 2017 | Festival Internacional de Cinema de Cannes de 2017 |
| 2013 | Festival de Cannes de 2013 |
| 2001 | 2001 Cannes Film Festival (en) |
| 1994 | 1994 Cannes Film Festival (en) |
| 1988 | 1988 Cannes Film Festival (en) |
| Premios | |
| |
| Descrito pola fonte | UbuWeb Women film directors : an international bio-critical dictionary (en) The St. James women filmmakers encyclopedia |
Traxectoria
editarDenis naceu en París, e creceu en diferentes colonias francesas (Burkina Faso, Somalia, o Senegal e o Camerún), onde o seu pai foi funcionario público.[2]
Estudou economía, pero abandonou a carreira. Logo asistiu ó IDHEC, a escola de cinema francesa. Logo de graduarse, traballou como asistente de Jacques Rivette, Costa-Gavras, Jim Jarmusch e Wim Wenders. Dende 2002, Claire Denis é profesora de cinema na Escola Europea de Graduados en Saas-Fee, Suíza.
O seu debut foi no filme Chocolat (1988), unha reflexión semi-autobiográfica sobre o colonialismo africano, que lle valeu a aclamación da crítica. Con filmes como US Go Home (1994), Nénette et Boni (1996), Beau travail (1999), Trouble Every Day (2001) e Vendredi soir (2002), estabeleceu unha reputación como realizadora, que «puido reconciliar a lírica do cinema francés co impulso por capturar a, a miúdo, dura cara da Francia contemporánea».[3]
Notas
editar- ↑ "Claire Denis Faculty Page at European Graduate School (Biography, bibliography and video lectures)". European Graduate School. Arquivado dende o orixinal o 24 de outubro de 2010. Consultado o 14 de xuño de 2018.
- ↑ Hermione Eyre, "Claire Denis on filmmaking and feminism Arquivado 03 de xullo de 2011 en Wayback Machine.," Prospect, 21 de xuño de 2010.
- ↑ Taylor, Charles. "Beau Travail". Salon.com. Arquivado dende o orixinal o 03 de setembro de 2009. Consultado o 14 de xuño de 2018.
Véxase tamén
editar| Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Claire Denis |
Ligazóns externas
editar- Claire Denis na IMDb (en inglés).
