Monóxido de carbono

composto químico
(Redirección desde «CO»)

O monóxido de carbono, cuxa fórmula química é CO, é un gas inodoro, incoloro, insípido, inflamable, non irritante e altamente tóxico. Na clasificación toxicolóxica, considérase un axente tóxico de carácter asfixiante-sufocante ou citotóxico, e pode causar a morte cando se respira en niveis elevados. Prodúcese ó queimar materiais combustibles como gas, gasolina, queroseno, carbón, petróleo, tabaco ou madeira. As chemineas, as cadeiras, os quentadores de auga e os aparatos domésticos que queiman combustible, como as estufas ou fogóns da cociña ou os quentadores a queroseno, tamén poden producilo se non funcionan ben. Os vehículos detidos co motor acendido tamén o despiden.

Monóxido de carbono
CO Editar o valor en Wikidata
Estrutura química
 Instancia de
 Subclase de
 Causa de
 SMILES canónico
[C-]#[O+] Editar o valor en Wikidata
Características
 Atopado no taxon
 Contén partes da clase
 Risco asociado
Cifras e dimensións
 Masa
 28,01 Da Editar o valor en Wikidata
 Densidade absoluta
  0.00125 g/cm³ gas Editar o valor en Wikidata
 Solubilidade
 2 g/100 g Editar o valor en Wikidata
 Velocidade do son
 338 m/s 0 ℃ gas Editar o valor en Wikidata
 Punto de fusión
−337 °F
−205 ℃ Editar o valor en Wikidata
 Punto de ebullición
-313 °F 760 Torr
-191.5 ℃ 101,325 kPa Editar o valor en Wikidata
 Enerxía de ionización
 14,01 eV Editar o valor en Wikidata
 Entalpía estándar de formación
 −110,52 kJ/mol Editar o valor en Wikidata
 Entropía molar estándar
 197,7 J/(mol K) Editar o valor en Wikidata
 Presión de vapor
 35 atm 68 °F Editar o valor en Wikidata
 Límite inferior de explosividade
 12.5 % (V/V) Editar o valor en Wikidata
 Límite superior de explosividade
 74 % (V/V) Editar o valor en Wikidata
 Lím. de exposición media
40 mg/m³ sen valor 10 h
55 mg/m³ Estados Unidos de América 8 h Editar o valor en Wikidata
 IDLH
 1.380 mg/m³ Editar o valor en Wikidata
 Momento dipolar eléctrico
 0,11 D Editar o valor en Wikidata
Códigos e identificadores
Freebase/m/01v1v Editar o valor en Wikidata
MeSHD002248 Editar o valor en Wikidata
OpenAlexC512735826 Editar o valor en Wikidata
CAS630-08-0 Editar o valor en Wikidata
PubChem281 Editar o valor en Wikidata
ChemSpider275 Editar o valor en Wikidata
UNII7U1EE4V452 Editar o valor en Wikidata
ChEBI17245 Editar o valor en Wikidata
ChEMBLCHEMBL1231840 Editar o valor en Wikidata
Beilstein3587264 Editar o valor en Wikidata
InChlModelo3D Editar o valor en Wikidata
ONU/UN1016 Editar o valor en Wikidata
RTECSFG3500000 Editar o valor en Wikidata
KEGGD09706 Editar o valor en Wikidata
Gmelin421 Editar o valor en Wikidata
CE211-128-3 Editar o valor en Wikidata
DrugbankDB11588 Editar o valor en Wikidata
Fontes e ligazóns
Wikidata C:Commons

Descubrimento

editar

O óxido de carbono (II) foi descuberto polo químico francés de Lassone en 1776 mentres quentaba óxido de zinc con coque. Erroneamente pensou que se trataba de hidróxeno porque xeraba unha chama de cor azul. Máis tarde, en 1800, o químico inglés William Cruikshank comprobou que dito composto contiña carbono e osíxeno. Non obstante, non foi ata 1846 cando o físico francés Claude Bernard descubriu en profundidade as propiedades tóxicas do CO, que envelenando cans co gas detectou que o seu sangue se tornaba máis avermellado e brillante en todos os tecidos.

Durante a segunda guerra mundial, o óxido de carbono (II) foi usado nos motores dos vehículos xa que escaseaba a gasolina. Introducíase carbón mineral ou vexetal e o óxido de carbono (II) xerado por gasificación alimentaba o carburador. O CO tamén foi usado como un método de exterminio durante o Holocausto nos campos de concentración nazis.

Fórmase en todos os procesos nos que se produza a combustión de carbono. Nas combustións incompletas en lugares pechados e sen ventilación.

  • Fonte antropoxénica: respiración humana.
  • Artificiais: cociñas, calefación (polo mal funcionamento de queimadores de gas), tráfico, garaxes, determinadas industrias, braseiros de leña, incendios e minas (o gas grisú[1] contén CO).

Toxicidade

editar

Se se respira en niveis elevados, o monóxido de carbono pode causar a morte por envelenamento en poucos minutos porque substitúe o osíxeno nos eritrocitos do sangue. Cada ano un gran número de persoas perden a vida accidentalmente debido ó envelenamento con este gas. As mulleres embarazadas e os seus meniños, os nenos pequenos, as persoas maiores e as que sofren de anemia, problemas do corazón ou respiratorios poden ser moito máis sensibles ó monóxido de carbono.

  1. Ás veces nas minas de carbón perfóranse "bolsas" de gas composto principalmente por metano, chamado grisú polos mineiros. Cando este gas se mestura co aire e entra en contacto cunha faísca, entón pode estoupar, polo que hoxe en día a ventilación das minas é moi importante. As posibilidades de supervivencia a estas explosións son moi baixas debido a que a súa inhalación produce asfixia e intoxicación. Tradicionalmente os mineiros entraban nas minas cun paxaro, normalmente un canario, que morría ou se vía afectado cando ascendía a concentración de metano, alertándolles así do perigo.

Véxase tamén

editar