CNN International

canle de televisión internacional

CNN International, coñecida fóra dos Estados Unidos e o Canadá simplemente como a CNN, é unha canle de televisión internacional de noticias propiedade de Time Warner, afiliada á CNN que ten un ámbito de difusión limitado aos Estados Unidos e o Canadá. A CNN International pódese ver en case todo o mundo por cable, satélite e IPTV.

 CNN International
Logotipo
 Instancia de
 Licenciada para transmitir para
Características
 Xénero artístico
 Lingua usada
Implicados
 Propietario/a
 Matriz
Datas
 Fundación / creación
1 de setembro de 1985 Editar o valor en Wikidata
Localización
 Área de operación
 País
Códigos e identificadores
VIAF235715970 Editar o valor en Wikidata
Freebase/m/03nkx9 Editar o valor en Wikidata
Fontes e ligazóns
 Páxina WEB
Facebook: cnninternational Twitter: cnni Editar o valor en Wikidata
Wikidata

Historia

editar
Becky Anderson presenta o programa Connect the World desde Londres

A canle comezou as súas emisións en 1985, ía dirixida a empresarios e directivos norteamericanos en viaxe de negocios por todo o mundo, pensada para verse en hoteis, a inmensa maioría da súa programación consistía en emisións da CNN e da CNN Headline News. A partir de 1992 aumentou a programación específica da canle, pensada xa a para os televidentes internacionais nun intento de competir coa BBC World Service Television, construíuse un novo complexo na súa sede de Atlanta en 1994 para albergar a canle, a partir de 1998 a canle adoptou a estratexia de dar unha visión máis internacional e menos americana. Ata 2004 a canle podíase ver nos Estados Unidos na canle financeira da CNN, a CNNfn e desde entón forma parte dos paquetes de diversas operadores de cable. En 2009 abriu un novo centro de produción en Abu Dabi