Complexo Hospitalario Universitario A Coruña
O Complexo Hospitalario Universitario A Coruña (CHUAC), ata 2008 coñecido como Complexo Hospitalario Universitario Juan Canalejo,[1] é un conxunto de centros de asistencia sanitaria especializada, docencia e investigación en Ciencias da Saúde pertencente ao Servizo Galego de Saúde (Sergas), na cidade da Coruña. Inaugurouse en 1972 e ten unha zona de docencia dependente da Universidade da Coruña.
| Complexo Hospitalario Universitario A Coruña | |||||||||||
|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
| |||||||||||
| |||||||||||
| |||||||||||
| |||||||||||
| |||||||||||
| |||||||||||
| |||||||||||
| Wikidata | |||||||||||
Historia
editar

O CHUAC foi inaugurado o 21 de agosto de 1972 por Franco co nome de Residencia Sanitaria Juan Canalejo en honra ao falanxista Juan Canalejo.[2] O edificio fora deseñado polo arquitecto Martín José Marcide Odriozola e custara entón 135 millóns de pesetas.[3] Cunha superficie de 50.000 metros cadrados e 830 camas, era o maior hospital de Galiza. Ata a súa inauguración, o hospital coruñés era o actual Materno Infantil Teresa Herrera, de medicina xeral, cunhas 250 camas. Na súa inauguración tiña unha sección de medicina xeral, un centro de traumatoloxía e rehabilitación e unha área de consultas externas.
O CHUAC foi o primeiro hospital de Galiza en facer transplantes, de ril en 1981, de corazón en 1991, e de fígado en 1994. Tamén era un centro de referencia para tratar a hemofilia ou as lesións medulares. En 1976 fíxose a primeira operación para separar siamesas. En 1992 o hospital pasou a depender do Sergas, ata entón dependera do Insalud.
En 2008 foi pioneiro en practicar unha operación intrauterina ou en extraer a vesícula pola vaxina.
É un centro de referencia en queimados críticos, transplante de pulmón ou traumatoloxía infantil, entre outros. Hoxe en día o Complexo Hospitalario Universitario (CHUAC) está formado polo Hospital Abente y Lago, o Materno Infantil (Teresa Herrera) e o Marítimo de Oza, así como os centros de Carballo e Betanzos. En total conta con máis de 4.800 empregados, unhas 1.440 camas e 30 quirófanos, segundo a Memoria de 2011.[4]
Recursos asistenciais
editarO CHUAC está formado por un grupo de centros asistenciais e recursos sanitarios da cidade da Coruña e os concellos da súa área de influencia sanitaria, que comprende os distritos sanitarios de Cee e da Coruña. Inclúe os concellos da costa dende Corcubión ata Miño e polo interior ata Sobrado.
| Centro | Camas | Quirófanos | Salas de consulta e probas |
Boxes de Urxencias |
|---|---|---|---|---|
| Hospital Universitario da Coruña | 871 | 15 | 55 | 10 |
| Hospital Teresa Herrera | 305 | 7 | 66 | 5 |
| Hospital Marítimo de Oza | 156 | - | 9 | - |
| Hospital Abente y Lago | 116 | 7 | 52 | - |
| Centro de Especialidades do Ventorrillo | - | - | 57 | - |
| Centro de Especialidades de Carballo | - | - | 9 | - |
| Centro de Especialidades de Betanzos | - | - | 7 | - |
| Outros | - | - | 3 | - |
| TOTAL | 1.448 | 29 | 258 | 15 |
|
Recursos humanos | ||||
| Persoal directivo Persoal facultativo (non inclúe MIR) MIR Persoal sanitario non facultativo Persoal non sanitario Persoal funcionario Persoal laboral Persoal convenio Universidade Persoal de empresas concertadas |
18 758 265 2432 1119 3 4 20 230 | |||
O complexo sanitario
editarHospital Universitario A Coruña
editarAnteriormente chamado Juan Canalejo.
Hospital Teresa Herrera
editarHospital materno infantil bautizado en memoria de Teresa Margarita Herrera y Pedrosa, quen fundou o primeiro hospital benéfico da cidade da Coruña. Foi inaugurado por Franco en xullo de 1951 e tiña entón 250 camas. Reabriu como hospital materno en 1985.[5]
| |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Hospital Marítimo de Oza
editarSitúase sobre o antigo lazareto marítimo inaugurado en 1888, que foi convertido en sanatorio en 1910.[5] O recinto está formado por varios edificios: a batería de Oza (obra de 1797 rehabilitada en 1999), o pavillón cirúrxico Fernández Latorre (inaugurado en 1913), o pavillón de colonias (obra de Pedro Mariño de 1929, reformado por Ramón das Casas en 1997),[6] e o Hospital de Oza (de Alberto Pineda e Andrés Reboredo, de 1998).[7][8]
| ||||||||||||||||||||||||||||
Hospital Abente y Lago
editar- Artigo principal: Hospital Abente y Lago.
A orixe do antigo hospital militar remóntase ao século XV. Pechado en 1995, foi reaberto o 29 de maio de 1996 e dous anos despois foi rebautizado en memoria do militar e médico Ezequiel Abente y Lago (1841–1923).[9][10][11]
| |||||||||||||||||||||||||||
Outros centros
editarCentros de especialidades
editar- Ventorrillo (A Coruña)
|
- Betanzos
|
- Carballo: Cirurxía xeral, obstetricia, oftalmoloxía, radioloxía, reumatoloxía e traumatoloxía
- Ponteceso: Radioloxía
Centros de orientación familiar
editar- Ventorrillo (A Coruña): Avenida de Fisterra, 314
- Miguel Servet (A Coruña): Rúa Tui, 19
Unidades de saúde mental
editar- Centro de saúde de Cambre
- Centro de saúde de Elviña
Notas
editar- ↑ El Juan Canalejo hará efectivo en 20 días su cambio de nombre a Complexo Hospitalario Universitario A Coruña
- ↑ Vidal, María (22-8-2012). "El Chuac cumple 40 años". La Voz de Galicia (en castelán). Consultado o 18-1-2017.
- ↑ Instituto Nacional de Previsión ABC
- ↑ La Residencia se hace mayor La Opinión A Coruña
- 1 2 Fernández, C. "La inauguración del Juan Canalejo, hace 25 años, colmó una vieja aspiración". La Voz de Galicia (en castelán).
- ↑ "Hospital Marítimo de Oza". Arquivado dende o orixinal o 14 de setembro de 2014. Consultado o 18 de xaneiro de 2017.
- ↑ Hospital Marítimo de Oza
- ↑ SERGAS (ed.). "Hospital Marítimo de Oza - Área Sanitaria de Coruña y Cee (Hospitales, Centros de Salud, Casas del Mar y Consultorios)". xxicoruna.sergas.gal. Consultado o 1 de novembro de 2023.
- ↑ Seis siglos de hospitales militares en A Coruña
- ↑ El Abente y Lago cumple 10 años
- ↑ Ficha Arquivado 31 de xaneiro de 2017 en Wayback Machine. en Turgalicia