Bojnice
vila de Eslovaquia
Bojnice (en húngaro Bajmóc, en alemán Weinitz) é unha vila histórica sita no centro de Eslovaquia ao norte do río Nitra, preto de Prievidza. No ano 2013 tiña unha poboación de 4.921 habitantes. Bojnice é unha vila principalmente coñecida polas súas atraccións turísticas. Posúe o parque zoolóxico máis antigo do país e tamén un dos spa máis antigos de Eslovaquia. A vila está situada baixo o castelo de Bojnice, que foi construído con rochas de travertino no século XII.
| Localización | ||||
|---|---|---|---|---|
| ||||
| Estado | Eslovaquia | |||
| Rexións | Rexión de Trenčín | |||
| Distritos | distrito de Prievidza | |||
| Capital de | distrito de Bojnice (–1873) | |||
| Poboación | ||||
| Poboación | 5.049 (2025) | |||
| Xeografía | ||||
| Superficie | 19,923198 km² | |||
| Bañado por | Nitra | |||
| Altitude | 291 m | |||
| Creación | 1113 | |||
| Identificador descritivo | ||||
| Código postal | 972 01 | |||
| Fuso horario | ||||
| Prefixo telefónico | 046 | |||
| Outro | ||||
| Irmandado con | ||||
| Sitio web | bojnice.sk | |||
Xeografía
editarBojnice linda ao norte co val do río Nitra, baixo os montes Strážov. Sitúase a 4 km da cidade de Prievidza, coa que comparte o sistema de transporte público. Outras cidades próximas son Žilina (a 60 km ao norte) e Trenčín (a 65 km ao oeste).
Demografía
editarVéxase tamén
editar| Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Bojnice |
| A Galipedia ten un portal sobre: Eslovaquia |
