Bark Psychosis
Bark Psychosis é unha banda inglesa de post-rock procedente do leste de Londres e formado no ano 1986. Foi unha das bandas que citou Simon Reynolds cando cuñou o termo "post-rock" como estilo musical en 1994, e está considerado un dos grupos clave na definición do xénero.
| Bark Psychosis | |||||||||
|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
| |||||||||
| |||||||||
| |||||||||
| |||||||||
| |||||||||
| |||||||||
| Wikidata | |||||||||
Na súa forma orixinal o grupo era un cuarteto composto por Graham Sutton, Daniel Gish, John Ling e Mark Simnett. Esta formación (con contribucións doutros membros que pasaron polo grupo) gravaron a meirande parte dos seus primeiros EPs e do álbum seminal Hex de 1994. Sutton permaneceu como único membro do núcleo do grupo que no presente é un proxecto flexible e activo de forma intermitente, no cal Sutton está apoiado por un grupo diverso de músicos invitados, entre os que están o guitarrista experimental Colin Bradley (de Dual) e o batería de Talk Talk Lee Harris.
Discografía
editarÁlbums
editar| Álbum | Ano | Selo |
|---|---|---|
| Hex | 1994 | Circa |
| ///Codename: Dustsucker | 2004 | Fire |