Bandeira de Santa Lucía
A bandeira de Santa Lucía foi deseñada por Dunstan St. Omer e adoptada o 1 de marzo de 1967. A cor azul representa fidelidade, o ceo tropical e as augas do mar Caribe. O dourado representa a prosperidade e o sol do Caribe. O negro e o branco representan a mestura de razas que lle deron identidade á illa. Os triángulos isósceles representan as montañas Pitons, emblema da illa.
| Bandeira de Santa Lucía | |
|---|---|
| Características | |
| Uso | |
| Proporción | 1:2 |
| Adopción | 1 de marzo de 1967 |
| Cores | Amarelo Branco Negro Turquesa |
Outras bandeiras
editarVéxase tamén
editar| Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Bandeira de Santa Lucía |