Bailén

cidade de España

Bailén é un concello español pertencente á provincia de Xaén, en Andalucía. Está situado na bisbarra de Serra Morena e tiña unha poboación de 18 243 habitantes en 2015.

Bailén
 Nome orixinal
   Bailén (es)   Editar o valor en Wikidata
 Nome oficial
   Bailén (es)   Editar o valor en Wikidata
Imaxe da bandeira
Imaxe
 Instancia de
Implicados
 Xefe do goberno
Localización
 Situado en
 Continente
 Capital
 Irmandado con
 OpenStreetMap
Mapa
 Coordenadas
Cifras e dimensións
 Poboación
17.119 (2025)
18.616 (2013)
18.725 (2012)
18.741 (2011)
18.763 (2010)
18.785 (2009)
18.798 (2008)
18.583 (2007)
18.362 (2006)
18.202 (2005)
17.966 (2004)
17.736 (2002)
17.672 (2001)
18.419 (2014)
18.243 (2015)
18.085 (2016)
17.924 (2017)
17.820 (2018)
17.667 (2019)
17.548 (2020)
17.498 (2021)
17.377 (2022)
17.211 (2023)
17.264 (2024) Editar o valor en Wikidata
 Poboación feminina
   8.894 (2019) Editar o valor en Wikidata
 Poboación masculina
   8.773 (2019) Editar o valor en Wikidata
 Superficie
   117,6 km² Editar o valor en Wikidata
 Altitude
   343 m Editar o valor en Wikidata
Códigos e identificadores
Código postal23710 Editar o valor en Wikidata
Código INE23010 Editar o valor en Wikidata
OpenStreetMap340285 Editar o valor en Wikidata
VIAF168309878 Editar o valor en Wikidata
Freebase/m/07cxjw Editar o valor en Wikidata
Fontes e ligazóns
 Páxina WEB
BNE: XX454291
Wikidata C:Commons

Xeografía

editar

O termo municipal de Bailén limita cos municipios de Baños de la Encina e Guarromán ao norte, Linares ao leste, ao sur con Jabalquinto e Espeluy, e con Villanueva de la Reina e Zocueca ao oeste.

Historia

editar

O 9 de xullo de 1808 tivo lugar a batalla de Bailén, no contexto da Guerra da Independencia española, na que as tropas francesas de Dupont foron derrotadas polas españolas do xeneral Castaños, que estaban moito peor equipadas e organizadas que as de Francia.

Economía

editar

A cidade de Bailén dispón dunha grande actividade industrial da cerámica, viño e a hostalaría, xunto co cultivo de herbáceos e o desenvolvemento dunha industria do aceite.

Lugares de interese

editar

A Igrexa parroquial da Nosa Señora da Encarnación, que foi construída no século XV, en estilo gótico isabelino, é un dos máximos expoñentes arquitectónicos da localidade, declarada Monumento Histórico.

Tamén destacan as ermidas da Nosa Señora da Soidade (século XV), de estilo gótico, as ermidas de Xesús e do Cristo, ambas as dúas de estilo barroco (século XVIII), a da Virxe de Zocueca, construída entre os séculos XVII e XVIII e a Parroquia de San Xosé Obreiro, xunto co seu barrio, que celebra as súas festas na súa honra o día 1 de maio.

Véxase tamén

editar

Ligazóns externas

editar