Berkeley Software Distribution

sistema operativo
(Redirección desde «BSD»)

BSD son as siglas de Berkeley Software Distribution (Distribución de Software Berkeley). Utilízanse para identificar un tipo de sistema operativo derivado do UNIX nado a partir das contribucións realizadas a ese sistema pola Universidade de Berkeley en California.

Berkeley Software Distribution
Logotipo
 Instancia de
 Epónimo
 Baseado en
Características
 Lingua
 Linguaxe de programación
C Editar o valor en Wikidata
 Licenza
Implicados
 Desenvolvedor/a
Datas
 Fundación / creación
1977 Editar o valor en Wikidata
Historia
 Historia
 Precedido por
UNIX (1969 - ) Editar o valor en Wikidata
 Sucedido por
386BSD (pt) Traducir (12 de marzo de 1992 - )
BSD/OS (pt) Traducir
NetBSD
DEMOS (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
 Versións
4.4-Lite2 (xuño de 1995)
4.1 (xuño de 1981)
4.0 (novembro de 1980)
1BSD (1977)
2BSD (1978)
4.2 (agosto de 1983)
4.3-Reno (1990)
4.3-Tahoe (xuño de 1988)
4.3 (xuño de 1986)
3BSD (decembro de 1979) Editar o valor en Wikidata
Códigos e identificadores
VIAF148616527 Editar o valor en Wikidata
Freebase/m/01f5l Editar o valor en Wikidata
Wikidata C:Commons

Historia

editar

Nos primeiros anos do sistema UNIX, os seus creadores, os Laboratorios Bell da compañía AT&T, autorizaron á Universidade de California en Berkeley e a outras universidades a utilizar o código fonte e adaptalo as súas necesidades. Durante a década dos setenta e dos oitenta Berkeley utilizou o sistema para as súas pescudas e investigacións en materia de sistemas operativos. Cando AT&T retirou o permiso de uso á universidade por motivos comerciais, a universidade promoveu a creación dunha versión inspirada no sistema UNIX mediante a reescritura das partes descendentes deste e utilizando as contribucións que eles realizaran —especialmente a súa implementación do TCP, o primeiro compoñente en ser distribuído por separado—, permitindo despois a súa distribución con fin académico e ao cabo dalgún tempo reducindo ao mínimo as restricións referentes á súa copia, distribución e modificación (a licenza BSD).

Algúns sistemas operativos descendentes do sistema desenvolvido por Berkeley son o SunOS, o FreeBSD, o NetBSD, o OpenBSD e o Mac OS X. BSD tamén fixo grandes contribucións no campo dos sistemas operativos en xeral como o manexo de memoria virtual paxinado por demanda, o control de traballos, o Fast FileSystem, o protocolo TCP/IP e o editor de texto vi.

Véxase tamén

editar