Manolo e Genís coñecéronse en 1995 nun concerto do grupo británico Pulp en Barcelona, e desde ese momento comezaron a comporen xuntos. Desde os inicios espertaron interese en pequenos círculos independentes pola súa atrevida posta en escena baseada na provocación e o sentido do humor, e polas súas composicións musicais que abarcan desde o Pop ye-ye dos anos 1960, a canción francesa, a NewWave británica dos 80, o Brit-Pop dos 90 e a música independente española de finais do século XX e principios do XXI.
Logo de lanzar o seu primeiro EP en 1997 co selo Acuarela, pasáronse a Chewaka, un subselo da Multinacional Virgin co que editan o seu primeiro CD, Mi Fracaso Personal, en 1999, e o segundo, Gran Fuerza, no 2001.
A súa contribución ó panorama musical español confórmanse de concertos marxinais (clocharistas), colaboracións, remesturas e proxectos paralelos ata chegar ó 2004, cando publican Performance, co selo Sinnamon, que apoiado no sinxelo "Todo nos parece una mierda" os sitúa no cumio do Pop independente español cuns seguidores fieis e unhas críticas positivas. O sinxelo foi utilizado como tema principal da serie chilena Transantiaguinos.
Como celebración dos 10 anos do grupo publicaron en 2006 un recompilatorio de Caras B e rarezas chamado Algo Cambió. 1996-2005 que supón un repaso á vida do grupo. O seu último CD, Tú no existes foi publicado en maio de 2007.