Astore é a marca comercial pertencente á empresa Import Arrasate S.A. e ambas as dúas se fundaron en 1989 en Arrasate (Guipúscoa), a empresa produce e comercializa artigos deportivos.
A compañía de orixe familiar é moi famosa no País Vasco, aínda que menos coñecida no resto de España, grazas ao patrocinio de equipos de fútbol como a Real Sociedad e Osasuna.