Amadeus
filme de 1984 dirixido por Miloš Forman
Para outras páxinas con títulos homónimos véxase: Amadeus (homónimos).
Amadeus é un filme estadounidense dirixido por Miloš Forman estreado en 1984. Escrito por Peter Shaffer a partir da obra de teatro Amadeus (1979), nel nárrase a vida de Wolfgang Amadeus Mozart dende a perspectiva do seu rival, o compositor Antonio Salieri. A historia está ambientada en Viena, Austria, durante a segunda metade do século XVIII.
O filme foi nomeado a 53 premios, recibindo 40, entre os cales destacan oito premios Oscar (incluíndo mellor filme), catro BAFTAS, catro Globos de Ouro, e o premio Directors Guild of America.
Personaxes
editar- F. Murray Abraham como Antonio Salieri
- Tom Hulce como Wolfgang Amadeus Mozart
- Elizabeth Berridge como Constanze Mozart
- Roy Dotrice como Leopold Mozart
- Jeffrey Jones como Emperador Xosé II
- Charles Kay como Conde Orsini-Rosenberg
- Simon Callow como Emanuel Schikaneder
- Jonathan Moore como Baron van Swieten
- Roderick Cook como Conde Von Strack
- Patrick Hines como Kapellmeister Giuseppe Bonno
- Richard Frank como Vogler
- Christine Ebersole como Caterina Cavalieri
- Cynthia Nixon como Lorl
- Nicholas Kepros como Conde Hieronymus von Colloredo
Notas
editarVéxase tamén
editarLigazóns externas
editar- Amadeus na IMDb (en inglés).
- Ficha en TCM (en inglés)
- Ficha en AllMovie (en inglés)
- Ficha en RottenTomatoes (en inglés)
- Ficha en BoxOfficeMojo (en inglés)