As principais cidades do departamento son Montluçon, Vichy, e Moulins. O resto do departamento está poboado por pequenos núcleos de poboación, na súa maioría situados ao longo dos ríos. En xeral, o departamento atópase dispersamente poboado. Durante o século XIX a poboación do departamento medrou considerabelmente grazas ao crecemento das industrias de Montluçon e Moulins, e polo desenvolvemento de Vichy grazas ás súas augas. Naquel tempo o departamento contaba cunha poboación arredor dos 420.000 habitantes. Trala primeira guerra mundial, a poboación estabilizouse, medrando en menor medida durante a década de 1960. Dende aquela, a poboación caeu dos 386.533 habitantes en 1968 ós 344.721 en 1999.