Aldo Ferrabino
Aldo Ferrabino, nado en Cuneo o 28 de xuño de 1892 e finado en Roma o 30 de outubro de 1972, foi un historiador, filósofo, bibliotecario e numismático italiano, senador da República Italiana, profesor universitario e presidente do Instituto Italiano de Numismática.
![]() | |||||||||||||||
| Biografía | |||||||||||||||
|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
| Nacemento | 28 de xuño de 1892 Cuneo, Piemonte, Italia | ||||||||||||||
| Morte | 30 de outubro de 1972 (80 anos) Roma, Italia. | ||||||||||||||
| Cargos | |||||||||||||||
| Presidenta do Instituto Italiano de Numismática | |||||||||||||||
| Período | 1958 – 1962 | ||||||||||||||
| Antecesor | Francesco Pellati. | ||||||||||||||
| Sucesor | Laura Breglia. | ||||||||||||||
| Datos persoais | |||||||||||||||
| País de nacionalidade | |||||||||||||||
| Educación | Universidade de Turín. | ||||||||||||||
| Tese académica | Calipso: un ensaio sobre a historia dun mito (1914). | ||||||||||||||
| Actividade | |||||||||||||||
| Campo de traballo | Historiografía, política, filosofía, biblioteconomía, numismática | ||||||||||||||
| Ocupación | historiador, bibliotecario, filósofo, político | ||||||||||||||
| Empregador | Universidade de Turín. Universidade de Padua. Universidade de Roma La Sapienza. | ||||||||||||||
| Partido político | Democracia Cristiá. | ||||||||||||||
| Membro de | |||||||||||||||
| Alumnos | Massimiliano Pavan | ||||||||||||||
| Influencias | |||||||||||||||
| Familia | |||||||||||||||
| Pais | Agostino Vincenzo Ferrabino | ||||||||||||||
| Premios | |||||||||||||||
| Cabaleiro da Orde Civil de Savoia (1970). | |||||||||||||||
| Descrito pola fonte | Biblioteca dixital BEIC | ||||||||||||||
Lista
| |||||||||||||||
Traxectoria
editarPrimeiros anos e formación
editarAldo Ferrabino naceu na vila piemontesa de Cuneo o 28 de xuño de 1892, fillo de Angelica Toesca e de Agostino Vincenzo Ferrabino.[1]
Logo de asistir ao instituto da súa vila natal, en 1910 matriculouse na Facultade de Artes da Universidade de Turín, logo de acadar unha bolsa de estudos do Colexio Carlo Alberto, para cursar Patrística e Estudos Clásicos, baixo a titoría de Gaetano De Sanctis. Graduouse nesa universidade en 1914, [2] cunha tese titulada "Calipso: un ensaio sobre a historia dun mito", que foi publicada ese mesmo ano en Turín.[1]
Traxectoria académica e como erudito
editarLogo do seu período formativo, Ferrabino comezou a impartir clases de Historia Antiga na Universidade de Padua en 1922 —nela chegou a ser reitor en 1947— e en 1949 trasladouse á Universidade La Sapienza de Roma.[1][2]
No ámbito da política, entre 1948 e 1954, foi senador no Senado da República Italiana polo partido da Democracia Cristiá,[1][3] e nesa condición apoiou a lei que creaba o Centro Nacional para o Catálogo Unificado das Bibliotecas Italianas e para a Información Bibliográfica (1951).[2]

Foi vicepresidente do Consello Superior de Academias e bibliotecas desde 1948. En 1950 foi nomeado membro correspondente da Accademia dei Lincei[4] e presidente do Instituto Central para o Catálogo Único. Tamén presidiu, desde 1952, o Consello Central de Estudos Históricos, do Instituto Italiano de Historia Antiga.[2] Foi membro da Academia de Ciencias de Turín desde 1954,[5] presidiu o Instituto Italiano de Numismática de 1958 a 1964.
De 1954 a 1972 foi presidente da Enciclopedia Treccani.[2] En 1956 foi elixido presidente da Sociedade Dante Alighieri. En 1957, cofundou a revista Il Veltro xunto con Vincenzo Cappelletti.[1]
Considerado un experto en cristoloxía e na filosofía da historia, en recoñecemento da súa traxectoria intelectual foi nomeado Cabaleiro da Orde Civil de Savoia o 15 de setembro de 1970.[1][6]
Aldo Ferrabino faleceu en Roma o 30 de outubro de 1972, aos 80 anos de idade.[1]
Publicacións
editarEsta é unha escolma dos traballos monográficos máis destacados publicados ao longo da traxectoria de Aldo Ferrabino:
- (1914). Kalipso, saggio d’una storia di un mito. Bocca, Turín.
- (1921). Il problema dell'unità nazionale nella Grecia antica. Vol. 1: Arato di Sicione e l'idea federale. Le Monnier, Florencia.
- (1927). L'impero ateniese. L'Erma di Bretschneider.
- (1929). La dissoluzione della libertà nella Grecia antica. CEDAM, Pádua.
- (1934). L'Italia romana. Mondadori, Milán.
- (1941). I grandi italiani: Cesare. Unione Tipografica, Turín.
- (1942). Nuova storia di Roma. Tumminelli, Roma.
- (1943). La vocazione umana. Nuova Edizione Ivrea, Ivrea.
- (1944). L'esperienza cristiana. Libreria Draghi, Padua.
- (1945). Le speranze immortali. Società per Azioni, Padua.
- (1946-1947). Trilogia del Cristo (3 volumes). Le tre venezie.
- (1950). Adamo. Morcelliana, Brescia.
- (1955). Le vie della storia. Sansoni, Florencia.
- (1956). Rivelazione e cultura. La Scuola, Brescia.
- (1957). Storia dell'uomo avanti e dopo Cristo.Pro Civitate Christiana, Asís.
- (1957). L'essenza del Romanesimo. Tumminelli, Roma.
- (1958). L'inno del Simposio di S. Metodio Martire. G. Giappichelli, Turín.
- (1962). Scritti di filosofia della Storia. Sansoni.
- (1965). Trasfigurazioni. Aldo Martello, Milán.
- (1969). Pagine italiane. Veltro, Roma. ISBN 88-85015-09-3
- (1972). Misticamente. Stamperia Valdonega, Verona.
Notas
editar- 1 2 3 4 5 6 7 Treves, P. (1966).
- 1 2 3 4 5 De Gregori, G.; Buttò, S. (1999).
- ↑ "Aldo Ferrabino". Senato.it
- ↑ "Ferrabino, Aldo". Accademia Nazionale del Lincei (Lincei.it).
- ↑ "Ferrabino, Aldo". Accademia delle Sicnze di Torino (accademiadellescienze.it).
- ↑ Documentación orixinal da concesión. Archivio.quirinale.it
Véxase tamén
editar| Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Aldo Ferrabino |
Bibliografía
editar- De Gregori, G.; Buttò, S. (1999). "Ferrabino, Aldo". En Per una storia dei bibliotecari italiani del XX secolo. Dizionario bio-bibliografico 1900-1990. Associazione Italiana Biblioteche, Roma. ISBN 88-7812-049-9
- Mazzarino, S. (1977). Aldo Ferrabino (in Italian). Accademia dei Lincei. ISBN 978-88-218-0274-4
- Pavan, M. (1961). "Ferrabino, Aldo". Enciclopedia Italiana. Ap. III.
- Treves, P. (1966). "Ferrabino, Aldo". En Dizionario Biografico degli Italiani. Volume 46. Istituto della Enciclopedia Italiana.
