A conquista do Oeste

filme de 1962 dirixido por John Ford, Richard Thorpe, Henry Hathaway e George Marshall

A conquista do Oeste (en inglés: How the West Was Won) é un filme épico de western estadounidense de 1962.[1] Foi un dos últimos filmes épico ao "estilo antigo" realizado por Metro-Goldwyn-Mayer que tivo grande éxito. O elenco multiestelar inclúe a Carroll Baker, Lee J. Cobb, Henry Fonda, Carolyn Jones, Karl Malden, Gregory Peck, George Peppard, Robert Preston, Debbie Reynolds, James Stewart, Eli Wallach, John Wayne e Richard Widmark. O filme está narrado por Spencer Tracy.

A conquista do Oeste
Imaxe
Póster de filme
 Instancia de
 Parte de
 Título
How the West Was Won (en) Editar o valor en Wikidata
Características
 Cor
 Xénero artístico
 Formato de distribución
 Ambientado en
 Narrador/a
 Lingua orixinal
Implicados
 Produtor/a
 Compositor/a
 Guionista
 Director/a fotografía
 Editor/a de cine
 Compañía produtora
 Distribuidor/a
Datas
 Data de publicación
14 de decembro de 1962 (Suecia)
1962 (Estados Unidos de América) Editar o valor en Wikidata
Historia
 Premios e distincións
 Nomeamentos
Óscar ao mellor filme en cor (24 de febreiro de 1964)
Óscar ó mellor filme (24 de febreiro de 1964)
Academy Award for Best Art Direction, Color (en) Traducir (24 de febreiro de 1964)
Óscar á mellor banda sonora (24 de febreiro de 1964)
Óscar ao mellor vestiario de cor (24 de febreiro de 1964)
Óscar á mellor montaxe (24 de febreiro de 1964)
Óscar ó mellor guión orixinal (24 de febreiro de 1964)
Óscar ó mellor son (24 de febreiro de 1964) Editar o valor en Wikidata
Cifras e dimensións
 Duración
 162 min Editar o valor en Wikidata
Localización
 País de orixe
Códigos e identificadores
VIAF233131793 Editar o valor en Wikidata
ISAN0000-0001-1C33-0000-7-0000-0000-G Editar o valor en Wikidata
Freebase/m/0jvt9 Editar o valor en Wikidata
Fontes e ligazóns
 Puntuación da crítica
7.1/10 Internet Movie Database (13 de abril de 2026)
88% Rotten Tomatoes (25 de outubro de 2024)
7/10 Rotten Tomatoes (5 de outubro de 2021) Editar o valor en Wikidata
IMDB: tt0056085 Filmaffinity: 758837 Allocine: 44185 Rottentomatoes: m/how_the_west_was_won Mojo: howthewestwaswon Allmovie: v23458 TCM: 2016 Metacritic: movie/how-the-west-was-won TV.com: movies/how-the-west-was-won Netlix: 606619 Editar o valor en Wikidata
Wikidata C:Commons

Ambientado entre 1839 e 1889, segue catro xeracións dunha familia cando se mudan dende o occidente do estado de Nova York ao océano Pacífico. O filme foi un dos só dous filmes dramáticos realizado co proceso de tres proxectores sobre pantalla curva chamado Cinerama, o que aumentou o seu impacto orixinal. A banda sonora foi cualificada no número 25 da lista de 100 bandas sonoras do American Film Institute. O filme foi un éxito de crítica e en 1997 foi seleccionado para a súa conservación no National Film Registry da Biblioteca do Congreso por ser "cultural, histórica ou esteticamente significativo".

Estreouse na Televisión de Galicia o 6 de xaneiro de 2003.[2]

Argumento

editar

O filme comeza coa narración por Spencer Tracy mentres a cámara aérea voa sobre as montañas Rochosas. "Esta terra hoxe ten un nome", di Tracy nas primeiras liñas do filme, "e está sinalada nos mapas".

O filme consta de catro episodios sobre a colonización do Oeste que teñen lugar entre 1830 e 1890 máis un interludio ambientado na guerra civil estadounidense:

  • "The Rivers" (1839), dirixido por Henry Hathaway
  • "The Plains" (1851), dirixido por Henry Hathaway
  • "The Civil War" (1861–1865), dirixido por John Ford
  • "The Railroad" (1868), dirixido por George Marshall
  • "The Outlaws" (1889), dirixido por Henry Hathaway

Un breve epílogo mostra como os modernos Estados Unidos creceron dende o Oeste a principios da década de 1960, que inclúe fotogramas do encoro Hoover, o intercambiador de catro niveis nos Ánxeles e a ponte Golden Gate en San Francisco.

Personaxes

editar
Introducidos en "The Rivers"
Introducidos en "The Plains"
Introducidos en "The Civil War"
Introducidos en "The Railroad"
Introducidos en "The Outlaws"

O flime supuxo a última aparición de Raymond Massey, de 66 anos, como Abraham Lincoln, papel que interpretara previamente no teatro (Abe Lincoln in Illinois e a adaptación de John Brown's Body), no cinema (Abe Lincoln in Illinois) e na televisión (The Day Lincoln Was Shot, e dúas producións de Abe Lincoln in Illinois).

Éxito comercial

editar

Sorprendentemente para un filmes estadounidense deste tipo, A conquista do Oeste tivo a súa estrea mundial no Reino Unido, no Casino Cinerama de Londres o 2 de novembro de 1963. O filme foi emitido no Casino durante 123 semanas, ata abril de 1965.

A conquista do Oeste tivo un grande éxito comercial. Producido cun grande orzamento para esa época de quince millóns de dólares, logrou 46,5 millóns nos cines norteamericanos,[3] converténdose no segundo filme con máis público de 1963. Obtivo cincuenta millóns de dólares en todo o mundo.[4]

  1. Crítica en Variety; 7 de novembro de 1962, páxina 6.
  2. La Voz de Galicia, 6 de xaneiro de 2003. Páx. 70
  3. Box Office Information for How the West Was Won. The Numbers. Consultado o 2 de setembro de 2013.
  4. Box Office Information for How the West was Won. IMDb via Internet Archive. Consultado o 17 de xuño de 2018.

Véxase tamén

editar

Ligazóns externas

editar