A Cuarta Parede
A Cuarta Parede é unha revista dixital de crítica de cine, a primeira escrita en galego (aínda que está tamén dispoñible en castelán).
| A Cuarta Parede | |||||
|---|---|---|---|---|---|
| |||||
| |||||
| |||||
| Wikidata |
Características
editarO seu primeiro número publicouse en febreiro de 2011. Os seus directores son o xornalista e crítico cinematográfico Víctor Paz Morandeira e Eloy Domínguez Serén, licenciado en Comunicación Audiovisual e director do documental Fillos de Sansón.
Ten as seguintes seccións:
- Pantallas.
- Panorámica.
- Zoom in.
- Found footage.
- Procesos.
- Contracampo.