AG-11

autovía autonómica galega de Padrón (N-550) ata Ribeira (AC-550)

A AG-11 ou autovía do Barbanza é unha autovía da Rede de Autonómica de Estradas de Galicia que une os concellos de Padrón, Dodro, Rianxo, Boiro, A Pobra do Caramiñal e Ribeira. A autovía xurdiu do desdobramento da antiga VG-1.1, a cal estaba soportando unha grande intensidade de tráfico e era considerada pouco segura. A concesionaria para a súa construción e mantemento é Sacyr Concesiones, pertencente ó grupo Sacyr Vallehermoso.

AG-11
Autovía do Barbanza
TipoloxíaAutoestrada de peaxe na sombra
RedeRede de estradas de Galicia
Lonxitude40 km
Localización
Inicio N-550  Padrón
Fin AC-550  Ribeira

Foi inaugurada o 14 de decembro de 2008 desde Padrón ata Rianxo, e entre Rianxo e Santa Uxía de Ribeira a mediados de abril de 2009. En Padrón conéctase coa N-550 contando ademais cun ramal de conexión coa AP-9 que posibilita tamén tomar a variante de Padrón da N-550 inaugurada no ano 2015[1].

Trátase dunha autovía con peaxe na sombra.[2]

Intensidade media diaria

editar

Os datos de intensidade media diaria do tráfico de vehículos en 2023 publicados pola Xunta de Galicia son:[3]

km IMD % pesados Acceso máis próximo
0 14.716 5,7 Saída 0 Padrón N-550 AP-9
2 12.566 5,7 Saída 1 Lestrobe AC-305
5 12.624 5,9 Saída 4 Laíño DP-3302
10 11.869 6,1 Saída 10 Bexo AC-305
11 17.062 7,3 Saída 11 Catoira Pontevedra AC-553
17 17.840 6,7 Saída 17 Rianxo DP-7202
19 18.368 6,4 Saída 19 Taragoña DP-7204
25 14.012 7,0 Saída 24 Boiro Polígono Espiñeira DP-1105
31 13.321 6,8 Saída 31 A Pobra do Caramiñal AC-305
34 11.253 6,1 Saída 34 Polígono da Tomada AC-302
38 10.292 5,9 Saída Ribeira Polígono de Xarás AC-550
  1. Pastor asiste a la puesta en servicio la Variante de Padrón (N-550), en A Coruña Arquivado 05 de marzo de 2016 en Wayback Machine. Ministerio de Fomento. Consultado o 16/10/2015 (en castelán).
  2. Serafín Lorenzo (2016-02-21). "Las autovías de peaje encubierto superan el tráfico que llevó a la Xunta a pagar más". La Voz de Galicia (en castelán). Consultado o 2017-05-08.
  3. "Datos de tráfico - Portal Conselleria de Vivenda e Infraestructuras - Liferay". Portal Consellería de Vivenda e Infraestructuras. Consultado o 2025-04-24.