A-8

autovía de Bilbao a Baamonde

A autovía do Cantábrico (A-8) e autoestrada do Cantábrico (AP-8) é unha vía terrestre de dobre calzada e sentido que se estende ao longo do norte de España paralela á costa do mar Cantábrico que comeza en Bilbao na unión da AP-8 coa AP-68 e remata en Baamonde (provincia de Lugo) onde liga coa A-6. Ten unha lonxitude de 486 quilómetros. Na Rede de Estradas Europeas ten a denominación E-70.

A-8 / AP-8
Autovía do Cantábrico
Autoestrada do Cantábrico
Entrada en Galicia tras cruzar a ría de Ribadeo pola Ponte dos Santos.
TipoloxíaAutovía
RedeRede de estradas do Estado
Rede de estradas de Biscaia
Rede de estradas de Guipúscoa
Ruta europea
Lonxitude602 km
Localización
InicioFronteira francesa (Irún)
FinBaamonde

A partir de Bilbao a autoestrada AP-8 pasa a denominarse A-8 (non ten peaxe) e continúa cara a Galicia pasando por Santander, Xixón e Avilés, na rolda de Xixón conecta coa AS-I (autovía Mineira) que comunica con Langreu, Mieres e León. Tamén na circunvalación xixonesa conecta coa AS-II (autovía Industrial) novo eixo de comunicación entre Xixón e Oviedo. Nos arredores de Xixón está o nó de Serín que conecta coa A-66 en dirección Oviedo e León. Fai a circunvalación de Navia e atravesa a ría de Ribadeo pola ponte dos Santos. En Vilalba liga coa autoestrada Vilalba-As Pontes-Ferrol. Termina en Baamonde desembocando na A-6 entre A Coruña e Lugo.

Tramos

editar
DenominaciónTramoEstado (2015)Quilómetros
 A-8 Bilbao - Solares (S-10)En servizo86
 A-8 Solares - La EncinaEn servizo13,5
 A-8 La Encina - Torrelavega (A-67)En servizo14,5
 A-8 Torrelavega - UnqueraEn servizo45
 A-8 Unquera - La FrancaEn servizo5,2
 A-8 La Franca - PenduelesEn servizo7,8
 A-8 Pendueles - San RoqueEn servizo5,5
 A-8 San Roque - LlanesEn servizo5
 A-8 Llanes - VillaviciosaEn servizo61
 A-8 Villaviciosa - A-64En servizo4
 A-8 A-64 - Xixón (AS-1)En servizo19
 A-8 Xixón (AS-1) - Xixón (A-66)En servizo11,5
 A-8 Xixón (A-66) - TamónEn servizo6
 A-8 Tamón - VillalegreEn servizo8,8
 A-8 Villalegre - VegarrozadasEn servizo7,6
 A-8 Vegarrozadas - Soto del BarcoEn servizo7
 A-8 Soto del Barco - Muros de NalónEn servizo4,5
 A-8 Muros de Nalón - Las DueñasEn servizo8,8
 A-8 Las Dueñas - NovellanaEn servizo7,3
 A-8 Novellana - BallotaEn servizo3,8
 A-8 Ballota - CadavedoEn servizo6
 A-8 Cadavedo - OturEn servizo13,5
 A-8 Otur - VillapedreEn servizo9,5
 A-8 Villapedre - NaviaEn servizo3
 A-8 Variante de NaviaEn servizo6,3
 A-8 Navia - Tapia de CasaregoEn servizo12,4
 A-8 Tapia de Casarego - BarresEn servizo5,8
 A-8 Barres - RibadeoEn servizo5
 A-8 Ribadeo - ReinanteEn servizo9,5
 A-8 Reinante - BarreirosEn servizo7,7
 A-8 Barreiros - VilamarEn servizo4,6
 A-8 Vilamar - LourenzáEn servizo4,6
 A-8 Lourenzá - MondoñedoEn servizo2,5
 A-8 Mondoñedo - LindínEn servizo7,5
 A-8 Lindín - A CarreiraEn servizo9,3
 A-8 A Carreira - AbadínEn servizo5,5
 A-8 Abadín - CastromaiorEn servizo5,8
 A-8 Castromaior - As TouzasEn servizo6,6
 A-8 As Touzas - VilalbaEn servizo8,5
 A-8 Vilalba - RegovideEn servizo5
 A-8 Regovide - AbeledoEn servizo5
 A-8 Abeledo - Baamonde (A-6)En servizo4,8

Historia

editar

No ano 2014 produciuse un accidente multitudinario no Alto do Fiouco, a causa da néboa, morrendo unha persoa. Dende entón sofre cortes periódicos na zona.[1]

Galería de imaxes

editar
  1. Lombardero, Xavier (8 de agosto de 2016). "Cortada otra vez la A-8 por la niebla en O Fiouco". Consultado o 8 de agosto de 2016.

Véxase tamén

editar

Outros artigos

editar