-256
| 2026 | |||||||||||||||||||
|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
| Calendario gregoriano | 2026 MMXXVI | ||||||||||||||||||
| Ab urbe condita | 2779 | ||||||||||||||||||
| Calendario armenio | 1475 | ||||||||||||||||||
| Calendario chinés | 4722 – 4723 | ||||||||||||||||||
| Calendario hebreo | 5786 – 5787 | ||||||||||||||||||
| Calendario hindú | |||||||||||||||||||
| · Vikram Samvat | 2081 – 2082 | ||||||||||||||||||
| · Shaka Samvat | 1948 – 1949 | ||||||||||||||||||
| · Kali Yuga | 5127 – 5128 | ||||||||||||||||||
| Calendario persa | 1404 – 1405 | ||||||||||||||||||
| Calendario musulmán | 1448 – 1449 | ||||||||||||||||||
| Calendario rúnico | 2276 | ||||||||||||||||||
| |||||||||||||||||||
Acontecementos
editarGrecia antiga
editar- Tras a morte de Ares II, fillo póstumo de Acrótato, aos oito anos, Leónidas II ascendeu ao trono de Esparta[1].
Roma antiga
editar- Este ano, Lucio Manlio Vulsón Longo e Quinto Cedicio foron elixidos cónsules, pero este último morreu pouco despois de asumir o cargo. Foi substituído como cónsul sufecto por Marco Atilio Régulo [2][3].
- Os dous cónsules son enviados con 330 barcos desde Ecnomo, en Sicilia, para invadir Cartago, pero os cartaxineses agárdanos en Heraclea Minoa baixo o liderado de Hamílcar e Hannón. Na batalla do cabo Ecnomo, os romanos saen vitoriosos, perdendo só 24 barcos mentres que os cartaxineses perden 30 que son afundidos e 64 que os romanos capturan. Os cartaxineses superviventes diríxense a Cartago para defender a capital, pero os romanos desembarcan en Clipea, onde establecen o campamento e desde onde saquean o territorio cartaxínés[4]. O combate marca o final do predominio naval púnico no Mediterráneo occidental.
- O corvo, unha arma naval romana destinada ao abordaxe, úsase por última vez nesta batalla<[5]
- No transcurso da Primeira Guerra Púnica, os cónsules Marco Atilio Régulo e Lucio Manlio Vulsón Longo asediaron a cidade de Aspis (actual Kélibia ) e ocupárona.
China antiga
editar- Fin da dinastía Zhou, a máis longa de todas as dinastías chinesas (desde -1122 ata -256) e a última das dinastías de reis que precederon ás dinastías imperiais[6].
- Constrúese un gran sistema de rega en Dujiangyan, que aínda segue en funcionamento[7]. Arredor do século -II, durante a dinastía Han, os chineses empregaban bombas de cadea para elevar a auga[8]. Estas funcionaban con pedais, rodas hidráulicas ou mecanismos rotatorios accionados por bois. A auga utilizábase para obras públicas ou para abastecer as casas, pero utilizábase principalmente para regar.
Nacementos
editarMortes
editarVéxase tamén
editar Este artigo sobre efemérides é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre. Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír. |
- ↑ Pausanias. Descrición de Grecia, III, 6, 7
- ↑ Fasti Capitolini
- ↑ Smith, William (ed.). "Caedicius". A Dictionary of Greek and Roman biography and mythology. Consultado o 4 de abril de 2024.
- ↑ Polibio, Historia, I, 25-28
- ↑ Wallinga, Hermann T (1956). The boarding-bridge of the Romans. Groningen: Wolters. p. 12.
- ↑ Cunrui Xiong, Victor (comp.) (2009). Historical dictionary of medieval China. Lanham, Md.: Scarecrow Press. p. 533. ISBN 9780810860537.
- ↑ China – history. Encyclopædia Britannica, edición 1994.
- ↑ Needham, Joseph (1986). Science and Civilization in China Volume 4, Physics and Physical Technology, Part 2, Mechanical Engineering. Taipei: Caves Books Ltd. pp. 344-346.