*shels

banda de rock progresivo

*shels é unha banda británico-estadounidense de rock progresivo formada en 2003. A banda ten sido descrita como un supergrupo da escena underground británica, xa que tivo en varias ocasións entre os seus compoñentes a membros de grupos como Mahumodo, Devil Sold His Soul, Eden Maine e Fireapple Red.

*shels
 Instancia de
Características
 Xénero artístico
Datas
 Fundación / creación
2003 Editar o valor en Wikidata
 Inicio de actividade
2003 Editar o valor en Wikidata
Localización
 Lugar de formación
Códigos e identificadores
Freebase/m/03f71dd Editar o valor en Wikidata
Fontes e ligazóns
 Páxina WEB
Facebook: shesellsseashels MySpace: shels Youtube: UCBcUpFheElxddClqTn-jEKg Bandcamp: shelsmusic Spotify: 0Ivm3PYwfVFeq2trxYqLi2 Last fm: *shels Musicbrainz: b6553107-4d02-4248-982b-354cca3b1cfe Songkick: 312160 Discogs: 1616234 Allmusic: mn0002172557 Deezer: 1255899 Genius: Shels Editar o valor en Wikidata
Wikidata

Historia

editar

A banda formárona en 2003 o vocalista e compositor Mehdi Safa e o batería Tom Harriman despois da separación do seu anterior grupo, Mahumodo.[1] *shels colleu o seu nome do EP de 1999 de Mahumodo chamado Shels. A banda publicou o EP Wingsfortheirsmiles en 2004 a través do selo Shelsmusic, unha discográfica fundada por Safa en 2002.[2] *shels publicou o seu álbum de estrea, Sea of the Dying Dhow, o 18 de xuño de 2007 en colaboración con Undergroove Records.[3] O disco recibiu críticas positivas[4][5] e foi nomeado un dos mellores álbums de 2007 pola revista Rock Sound.[6] A banda xirou polo Reino Unido en xuño e xullo dese ano para promover o álbum, actuando con varios grupos como Bossk e The Ghost of a Thousand. A xira incluíu unha actuación no GuilFest, onde a banda compartiu escenario con My Vitriol e Zico Chain.[7]

O segundo EP da banda, Laurentian's Atoll, foi publicado en novembro de 2007. Este estaba formado por versións remasterizadas das tres cancións de Wingsfortheirsmiles, catro novas gravacións e unha versión estendida de "water", do álbum Sea of the Dying Dhow. A banda comezou unha segunda xira británica en novembro de 2008, que incluíu unha actuación no Damnation Festival, onde compartiu escenario con Cathedral e Devil Sold His Soul.[8] O día 27 de xuño de 2011 *shels editou o seu segundo álbum de estudio, Plains of the Purple Buffalo.

Discografía

editar

Álbums de estudio

editar
ÁlbumAnoSelo
Sea of the Dying Dhow2007Undergroove, Shelsmusic
Plains of the Purple Buffalo2011Shelsmusic
ÁlbumAnoSelo
Wingsfortheirsmiles2004Shelsmusic
Laurentian's Atoll2007Undergroove, Shelsmusic

Véxase tamén

editar

Ligazóns externas

editar
  1. "INTERVIEW - Mehdi Safa (*shels) | LOVE-IT-LOUD.com". web.archive.org. 2011-01-06. Arquivado dende o orixinal o 06 de xaneiro de 2011. Consultado o 2019-10-26.
  2. Debibel (ed.). "Interview: Mehdi Safa (shelsmusic)". Consultado o 4 de xaneiro de 2018.
  3. Discogs (ed.). "*Shels ‎– Sea Of The Dying Dhow". Consultado o 4 de xaneiro de 2018.
  4. "*shels - Sea of the Dying Dhow (album review ) | Sputnikmusic". www.sputnikmusic.com. Consultado o 2019-10-26.
  5. "Blistering.com Review: *Shels - Sea Of The Dying Dhow". archive.is. 2012-07-20. Arquivado dende o orixinal o 20 de xullo de 2012. Consultado o 2019-10-26.
  6. "Top 75 Albums of 2007". Rock Sound (104): 24. 25 de decembro de 2007
  7. "Guilfest 2007 lineup". web.archive.org. 2012-02-25. Arquivado dende o orixinal o 25 de febreiro de 2012. Consultado o 2019-10-26.
  8. "Damnation Line-up Unravels". Rock Sound (114): 10. Outubro de 2008