(386723) 2009 YE7
(386723) 2009 YE7 é un obxecto trans-neptuniano cunha magnitude absoluta (H) de 4,5.[1] Este feito fai que sexa un feble candidato a planeta anano, e moito máis se se ten en conta que podería ser un membro da familia de Haumea, familia cun gran albedo, debido a refractividade dos seus xeos.[2] Foi descuberta por David Rabinowitz o 17 de decembro do 2009, dende o Observatorio La Silla de Chile. Cando 2009 YE7 foi descuberto criase que tiña unha magnitude absoluta (H) de 2.8, o cal faría del o primeiro KBO brillante descuberto dende o hemisferio sur.[3]
| (386723) 2009 YE7 | |||||||
|---|---|---|---|---|---|---|---|
|
Designación provisional
| |||||||
|
Época
| |||||||
|
Astro pai
| |||||||
|
Grupo menor
| |||||||
| Características orbitais | |||||||
| Apoapse | 50,713225130347 au | ||||||
| Periastro | 38,47139670857 au | ||||||
| Argumento de periastro | 99,07 ° e 99,303830767755 ° | ||||||
| Excentricidade orbital | 0,141 e 0,13726389336368 | ||||||
| Inclinación orbital | 29,1 ° e 29,071064686114 ° | ||||||
| Período orbital | 108.764,80764391 d | ||||||
| Período de rotación | 11,3 h | ||||||
| Semieixo maior | 44,592310919458 au | ||||||
| Lonxitude do nó ascendente | 141,72 ° e 141,66099169803 ° | ||||||
| Anomalía media | 179,53 ° e 192,50502730429 ° | ||||||
| Tempo de periapse | 2.511.604,8291294 | ||||||
| Características físicas | |||||||
| Magnitude absoluta | 4,5 e 4,57 | ||||||
| Persoas e organizacións | |||||||
|
Descubridor/a
| |||||||
| Datas e cronoloxía | |||||||
|
Data descuberta
| |||||||
| Localización | |||||||
|
Localización descubrimento
| |||||||
| |||||||
| Wikidata C:Commons | |||||||
Órbita
editarCaracterísticas físicas
editarMagnitude absoluta
editar
O tamaño dun obxecto pode ser establecido unha vez se coñece a súa magnitude absoluta (H) e o seu albedo (a proporción de luz que reflicte). 2009 YE7 ten unha magnitude absoluta de 4,5.[1] Dado o feito de que 2009 YE7 ten unha magnitude absoluta máis feble que H=1, este obxecto non é supervisado por dous comités para asignarlle nome nin automaticamente é catalogado coma planeta anano pola Unión Astronómica Internacional (UAI).[4]
Asumindo que 2009 YE7 ten un albedo de 0.25, albedo moi común entre os KBOs (obxectos clásicos do cinto de Kuiper) que teñen uns tamaños duns ~1000 km, ese albedo outorgaríalle uns 340 km de diámetro.[5] Pero coma na actualidade non se coñece realmente o seu verdadeiro albedo, o seu tamaño podería ir duns 200 kms ata os 560 kms de diámetro.
Mike Brown cre que 2009 YE7 podería ser un fragmento da familia de colisión de Haumea xa que ten unha inclinación orbital moi semellante á dos membros da familia de Haumea.[2] Nese caso 2009 YE7 podería ter un albedo que chegase ata o 0.7, dando unha estimación para o seu tamaño moito menor, duns 200 kms. O espectro infravermello amosa que 2009 YE7 ten unhas marcadas liñas de absorción de xeo de auga, o cal fai que se relacione a 2009 YE7 coa familia de Haumea.[2]
Un corpo de xeo cun diámetro superior ós 400 kms sería quasi-esférico.[6] Moitas das lúas de xeo do Sistema Solar son esféricas.
Notas
editar- 1 2 3 4 "JPL Small-Body Database Browser: (2009 YE7)". 12-09-2010 últimas observacións. Consultado o 13-09-2010.
- 1 2 3 Mike Brown (29-12-2009). Mike Brown's Planets (blog), ed. "A ghost of Christmas past". Consultado o 29-12-2009.
- ↑ "JPL Small-Body Database Search Engine (H<=4)". 27-12-2009. Consultado o 27-12-2009.
- ↑ Cita de prensa: Plutoid chosen as name for Solar System objects like Pluto Arquivado 13 de xuño de 2008 en Wayback Machine.
- ↑ Dan Bruton. Department of Physics & Astronomy (Stephen F. Austin State University), ed. "Conversion of Absolute Magnitude to Diameter for Minor Planets". Arquivado dende o orixinal o 23-07-2011. Consultado o 07-01-2009.
- ↑ Mike Brown. "The Dwarf Planets". Consultado o 28-12-2009.
Véxase tamén
editarOutros artigos
editar- (55636) 2002 TX300, pertencente á familia de colisión de Haumea
- Haumea
- Candidatos a planeta anano
- Planeta anano
Ligazóns externas
editar- Orbital simulation from JPL (Java) / Horizons Ephemeris (en inglés)