Provincia autónoma de Bolzano
A Provincia autónoma de Bolzano é unha provincia da rexión italiana de Trentino-Tirol do Sur. Á capital é Bolzano (en alemán Bozen, en ladino Bulsan ou Balsan).
| Autonome Provinz Bozen – Südtirol (de) Provinzia Autonoma de Bulsan – Südtirol (lld) Provincia autonoma di Bolzano – Alto Adige (it) | |||||
| Epónimo | Condado Principesco do Tirol (pt) | ||||
|---|---|---|---|---|---|
| Localización | |||||
| |||||
| País | Italia | ||||
| Rexión con estatuto especial | Trentino-Tirol do Sur | ||||
| Capital | Bolzán | ||||
| Contén a división administrativa | |||||
| Poboación | |||||
| Poboación | 531.178 (2018) | ||||
| Lingua oficial | lingua italiana lingua alemá lingua ladina | ||||
| Xeografía | |||||
| Parte de | |||||
| Superficie | 7.400,43 km² | ||||
| Comparte fronteira con | Provincia de Belluno Bezirk Zell am See Schwaz (pt) Innsbruck-Land (pt) Imst (pt) Lienz (pt) Provincia de Sondrio Grisóns Provincia autónoma de Trento Landeck (pt) | ||||
| Creación | 1948 | ||||
| Organización política | |||||
| Órgano executivo | Government of South Tyrol (en) | ||||
| • President of South Tyrol (en) | Arno Kompatscher (2014–) | ||||
| Órgano lexislativo | Landtag of South Tyrol (en) | ||||
| Membro de | Alianza Climática (1993–) | ||||
| Identificador descritivo | |||||
| Código postal | 39010–39059 e 39100 | ||||
| Fuso horario | |||||
| Prefixo telefónico | 0472, 0473, 0474, 0463 e 0471 | ||||
| ISO 3166-2 | IT-BZ | ||||
| Código NUTS | ITH1 | ||||
| Identificador ISTAT | 021 | ||||
| Sitio web | home.provinz.bz.it | ||||
Topónimo
editarEn italiano a provincia é oficialmente Provincia Autonoma di Bolzano – Alto Adige, pero por costume emprégase só Alto Adige. Este é un nome xeográfico de orixe francesa (Haut-Adige), imposto durante a ocupación napoleónica, que fai referencia ao río Adige nado nesta provincia.
O topónimo oficial alemán é Autonome Provinz Bozen – Südtirol, pero na linguaxe popular úsase simplemente Südtirol, nome que corresponde á rexión histórica e xeográfica do Tirol, unidade administrativa do Imperio Austrohúngaro até o ano 1918. Os habitantes de lingua alemá definen Tirol do Sur como Land (como os Länder de Alemaña e Austria) en vez de provincia.
En lingua ladina esta rexión denomínase Provinzia Autònoma de Bulsan – Südtirol, como tamén Südtirol.
A Constitución de Italia (art. 116) recoñece desde o 18 de outubro de 2001 a versión italiano-alemá Alto Adige/Südtirol.
Ademais todos os topónimos deber ser bilingües, ou trilingües nas zonas ladinas. A maioría das denominacións xeográficas italianas son achegadas por Ettore Tolomei, autor do Prontuario dei nomi locali dell'Alto Adige.
Xeografía
editarA provincia limita polo norte e polo leste cos estados austríacos de Tirol e Salzburgo, polo oeste con Suíza (Cantón dos Grisóns), polo sueste coa provincia de Belluno (rexión do Véneto), polo sur coa Provincia autónoma de Trento e polo suroeste, co paso do Stelvio, coa provincia de Sondrio (rexión da Lombardía).
O territorio é enteiramente montañoso, o Ortles (Ortler en alemán) é con 3.905 metros o cumio máis alto. Ademais está irrigado por varios cursos de auga: o Adigio/Etsch, o Isarco/Eisack, o Rienza/Rienz, o Passirio/Passer, o Talvera/Talfer. Tamén existen algúns lagos: Lago di Resia/Reschensee, Lago di Caldaro/Kalterer See, Lago di Monticolo/Montiggler See, Lago di Braies/Pragser Wildsee, Lago di Varna/Vahrner See.
Organización territorial
editar
A provincia autónoma de Bolzano consta de 116 concellos, que se agrupan en oito distritos.
Distritos
editarOs distritos (comunità comprensoriali en italiano ou ben Bezirksgemeinschaften en alemán) son:
Maiores comunas
editar| Municipio (italiano) | Municipio (alemán) | Habitantes |
|---|---|---|
| Bolzano | Bozen | 103.088 |
| Merano | Meran | 35.602 |
| Bressanone | Brixen | 19.504 |
| Laives | Leifers | 15.962 |
| Brunico | Bruneck | 14.148 |
| Appiano sulla Strada del Vino | Eppan an der Weinstraße | 13.325 |
| Lana | Lana | 10.458 |
| Caldaro sulla strada del vino | Kaltern an der Weinstraße | 7.307 |
| Renon | Ritten | 7.147 |
| Sarentino | Sarntal | 6.669 |
| Castelrotto | Kastelruth | 6.247 |
| Vipiteno | Sterzing | 5.947 |
| Silandro | Schlanders | 5.908 |
| Valle Aurina | Ahrntal | 5.641 |
| Naturno | Naturns | 5.201 |
| Laces | Latsch | 5.050 |
| Chiusa | Klausen | 4.622 |
| Ortisei | St. Ulrich in Gröden | 4.499 |
Linguas
editarGalerías de imaxes
editarVéxase tamén
editarLigazóns externas
editar| Commons ten máis contidos multimedia sobre: Provincia autónoma de Bolzano |
