Pongo e Perdita, os cans dálmata protagonistas, son unha feliz parella que vive rodeada dos seus cadeliños e cos seus amos Roger e Anita. Pero a súa felicidade está ameazada. Cruella de Ville, unha pérfida muller que vive nunha gran mansión e adora os abrigos de pel, entérase de que os protagonistas teñen quince crías de dálmata. Entón, a idea de secuestralos para facer un exclusivo abrigo, convértese nunha obsesión. Para facer realidade o seu soño contrata a dous ladróns para que rouben os cans.