O Pedroso do Norte, Cruces, Padrón
O Pedroso do Norte, tamén chamado Pedroso, é un lugar da parroquia de Cruces no concello coruñés de Padrón, na comarca do Sar. Segundo o padrón municipal (INE 2013) ten 83 habitantes (38 homes e 45 mulleres).
| O Pedroso do Norte | |
|---|---|
| Parroquia | Cruces |
| Concello | Padrón |
| Coordenadas | 42°46′31″N 8°38′23″O / 42.7753919, -8.6396468 |
| Poboación | 83 hab. (2013) |
| [ editar datos en Wikidata ] | |
Patrimonio
editarPreto deste lugar está o couto de Lampai.
O río de Pedroso que ten un caudal permanente, aumentado no inverno polas chuvias. Nel faise pesca de troitas. Hai oito muíños en ruínas, usados antigamente para moer o millo.
O monte está mancomunado pola Comisión dos Montes de Pedroso, que engloban a Pedroso Norte e Pedroso Sur ou do Vendaval. Ó uso forestal adícase en boa medida ao cultivo do eucalipto, que se destina a empresas como FINSA. A auga de uso doméstico procede de mananciais logo de ser recollida en depósitos comúns.
Hai dous parques infantís con bambáns, escorregadoiros e cabaliños, e un campo de fútbol amplo. Hai tamén un circuíto de motocross.
Lugares e parroquias
editarLugares de Cruces
editar| Lugares da parroquia de Cruces no concello de Padrón (A Coruña) | |
|---|---|
|
A Abelina | Angueira de Suso | O Areal | A Baiuca | Bascuas | Cruces | A Escravitude | Os Lagos | O Loureiro | Os Muíños | O Pedroso do Norte | O Pedroso do Vendaval | A Picaraña | Prada | Queiruga | Tarrío | Vigo | O Vilar |