Gran Premio de Bélxica de 1976
O Gran Premio de Bélxica de Fórmula 1 de 1976 disputouse en Zolder o 16 de maio de 1976. Foi a quinta carreira da tempada de Fórmula Un de 1976, o 34º Gran Premio de Bélxica e a terceira, que se celebrou no Autódromo de Zolder. A carreira disputouse sobre 70 voltas nos máis de catro quilómetros do circuíto para unha distancia de carreira de 298 quilómetros.
| Tipo | Gran Premio de Bélxica |
|---|---|
| Deporte | automobilismo |
| Parte de | Campionato Mundial de Fórmula 1 de 1976 |
| Distancia do evento | 70 |
| Localización e Datas | |
| Localización |
Bélxica Autódromo de Zolder (Heusden-Zolder) |
| País | Bélxica |
| Data | 16 de maio de 1976 |
| Competición | |
| Primeiro posto | Niki Lauda Scuderia Ferrari |
| Pole position | Niki Lauda |
| Volta máis rápida | Niki Lauda |
| Gran Premio de Bélxica | |
| Gran Premio de Bélxica | |
Zolder xunto a Nivelles-Baulers cerca Bruxelas, eran os anfitrións substitutos da carreira pero a superficie da pista en Nivelles deteriorouse e Zolder foi a sede da carreira ata o regreso de Spa-Francorchamps en 1983.
A carreira foi gañada polo piloto de Ferrari, Niki Lauda pilotando un Ferrari 312T2, que aumentou a súa vantaxe no Campionato do Mundo de Pilotos a 29 puntos. O seu compañeiro de equipo o suízo, Clay Regazzoni, terminou a carreira en segunda posición, 3´4 segundos por detrás de Lauda. O terceiro posto logrouno o piloto francés Jacques Laffite pilotando o Ligier JS5. Foi a cuarta vitoria do ano de Lauda, no que foi unha exhibición do campión reinante. O terceiro posto de Laffite foi o seu segundo podio tras acabar segundo no Gran Premio de Alemaña de 1975 do ano anterior e a primeiro podio do novo equipo Ligier.
Resumo da carreira
editarFerrari copou a primeira fila da grella, con Lauda na pole e Regazzoni a seu carón. Lauda liderou no comezo, con Hunt segundo logo de adiantar a Regazzoni, que pronto recuperou o lugar de novo. Os Ferraris colleron distancia, e Hunt caeu ao sexto posto, por detrás de Jacques Laffite no Ligier e os dous Tyrrell P34 de seis rodas, antes de retirarse finalmente cun fallo na transmisión. Patrick Depailler tamén se retirou cando o seu motor explotou. Lauda gañou, e Regazzoni completou un 1-2 para Ferrari. Laffite acadou o terceiro lugar coas retiradas de James Hunt (McLaren M23) e Depailler. Jody Scheckter terminou cuarto no seu Tyrrell. Unha volta por detrás, o futuro campión do mundo Alan Jones, logrou dous puntos no seu Surtees TS19 e Jochen Mass logrou o punto final no segundo McLaren logo de que Chris Amon perdera unha roda do seu Ensign N176.
Clasificación
editar| Pos | Nº | Piloto | Construtor | Voltas | Tempo/Retirada | Grella | Puntos |
|---|---|---|---|---|---|---|---|
| 1 | 1 | Ferrari | 70 | 1:42:53.23 | 1 | 9 | |
| 2 | 2 | Ferrari | 70 | + 3.46 | 2 | 6 | |
| 3 | 26 | Ligier-Matra | 70 | + 35.38 | 6 | 4 | |
| 4 | 3 | Tyrrell-Ford | 70 | + 1:31.00 | 7 | 3 | |
| 5 | 19 | Surtees-Ford | 69 | + 1 volta | 16 | 2 | |
| 6 | 12 | McLaren-Ford | 69 | + 1 volta | 18 | 1 | |
| 7 | 28 | Penske-Ford | 69 | + 1 volta | 17 | ||
| 8 | 37 | Boro-Ford | 69 | + 1 volta | 20 | ||
| 9 | 17 | Shadow-Ford | 69 | + 1 volta | 14 | ||
| 10 | 16 | Shadow-Ford | 68 | + 2 voltas | 13 | ||
| 11 | 21 | Wolf-Williams-Ford | 68 | + 2 voltas | 25 | ||
| 12 | 32 | Brabham-Ford | 63 | + 7 voltas | 23 | ||
| Ret | 18 | Surtees-Ford | 62 | Eléctrico | 26 | ||
| Ret | 8 | Brabham-Alfa Romeo | 58 | Eléctrico | 9 | ||
| Ret | 22 | Ensign-Ford | 51 | Accidente | 8 | ||
| Ret | 11 | McLaren-Ford | 35 | Caixa de cambios | 3 | ||
| Ret | 34 | March-Ford | 33 | Suspensión | 15 | ||
| Ret | 24 | Hesketh-Ford | 31 | Motor | 24 | ||
| Ret | 4 | Tyrrell-Ford | 29 | Motor | 4 | ||
| Ret | 5 | Lotus-Ford | 28 | Pañier | 11 | ||
| Ret | 33 | Brabham-Ford | 26 | Palier | 19 | ||
| Ret | 35 | March-Ford | 21 | Motor | 21 | ||
| Ret | 7 | Brabham-Alfa Romeo | 17 | Motor | 12 | ||
| Ret | 10 | March-Ford | 16 | Accidente | 10 | ||
| Ret | 6 | Lotus-Ford | 7 | Accidente | 22 | ||
| Ret | 9 | March-Ford | 6 | Palier | 5 | ||
| NSC | 30 | Fittipaldi-Ford | |||||
| NSC | 20 | Wolf-Williams-Ford | |||||
| NSC | 25 | Hesketh-Ford |
Posicións logo da carreira
editarOs puntos son exactos á conclusión da carreira e non inclúen os resultados modificados do Gran Premio de España de 1976 que foi recorrido.
|
|
- Nota: Só están incluídos os cinco primeiros postos en ambos os grupos de clasificación.
| Carreira anterior: Gran Premio de España de 1976 |
Campionato Mundial de Fórmula 1 da FIA Temporada 1976 |
Carreira seguinte: Gran Premio de Mónaco de 1976 |
| Carreira anterior: Gran Premio de Bélxica de 1975 |
Gran Premio de Bélxica | Carreira seguinte: Gran Premio de Bélxica de 1977 |
Notas
editarVéxase tamén
editar| Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Gran Premio de Bélxica de 1976 |
Ligazóns externas
editarA menos que se indique o contrario, todos os resultados da carreira tómanse de "The Official Formula 1 website". Arquivado dende o orixinal o 10 de decembro de 2014. Consultado o 2007-06-16.