Chen Ning Yang

físico chinés

Chen Nin Franklin Yang, nado en Hefei o 22 de setembro de 1922 e finado en Beijing o 18 de outubro de 2025,[1] foi un físico chinés-estadounidense que traballou na mecánica estatística e os principios de simetría.

Modelo:BiografíaChen Ning Yang

Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento1 de outubro de 1922 Editar o valor en Wikidata
Hefei Editar o valor en Wikidata
Morte18 de outubro de 2025 Editar o valor en Wikidata (103 anos)
Pequín Editar o valor en Wikidata
EducaciónUniversidade de Chicago - Doutor en filosofía (1946–1948)
Universidade de Beijing
Universidade Nacional Asociada do Suroeste - graduado en ciencias
Universidade Tsinghua - Mestrado en ciencias
Universidade de Nankai Editar o valor en Wikidata
Director de teseEdward Teller Editar o valor en Wikidata
Actividade
Campo de traballoFísica de partículas Editar o valor en Wikidata
Ocupaciónfísico, profesor universitario, físico teórico Editar o valor en Wikidata
EmpregadorUniversidade Tsinghua
Chinese University (pt) Traducir
Universidade de Chicago
Institute for Advanced Study
Universidade de Stony Brook
Universidade de Leiden Editar o valor en Wikidata
Membro de
Interesado enFísica Editar o valor en Wikidata
ProfesoresEnrico Fermi e Shiing-Shen Chern Editar o valor en Wikidata
Obra
DoutorandoBill Sutherland (pt) Traducir e Alexander Wu Chao (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Familia
CónxuxeWong Fan (2004–2025), morte da persoa
Du Zhili (1950–2003), morte do cónxuxe Editar o valor en Wikidata
PaiYang Wu-chih Editar o valor en Wikidata
Premios
Sinatura Editar o valor en Wikidata

Descrito pola fonteEnciclopedia Soviética Armenia
Fiziki, (p.315)
Chen Ning “Frank” Yang (1922–2025): Profound proponent of symmetry Editar o valor en Wikidata
IMDB: nm11083742 WikiTree: 楊-18 Editar o valor en Wikidata

Aos 35 anos recibiu, xunto a Tsung-Dao Lee, o premio Nobel de Física pola súa teoría de que as interaccións débiles entre partículas elementais non tiñan paridade simétrica. Isto foi máis tarde verificado experimentalmene por Chien-Shiung Wu.

Yang é tamén recoñecido pola súa colaboración con Robert Mills para desenvolver unha teoría de gauge dunha nova clase. Esas teorías de Yang-Mills son agora unha parte fundamental do Modelo Estándar para física de partículas.

Traxectoria

editar

Realizou os seus estudos en Pequín e Kamming. Recibiu o seu título da Universidade Nacional Asociada do Suroeste en Kamming en 1942. Dous anos despois estudou para máster na Universidade Tsinghua tamén en Kamming. Recibiu o seu título de doutor en Física en 1948 na Universidade de Chicago e permaneceu un ano como axudante de Enrico Fermi. En 1949 mudouse ó Instituto de Estudos Avanzados en Princeton e en 1965 á Universidade de Stony Brook.

Foi nomeado membro da Sociedade Americana de Física e da Academia Sínica e recibiu un doutoramento honorífico da Universidade de Princeton en 1958.

Casou en 1950 con Chih-li Tuh e tivo dous fillos e unha filla.

En 1999 retirouse da Universidade de Stony Brook para volver á Universidade de Tsinghua. A súa esposa morreu en 2003 e Yang, á idade de 82 anos, comprometeuse cunha moza física de 28 anos chamada Weng Fan con quen casou en 2005. Desde entón ten recibido moitas críticas da prensa chinesa.

  1. Chen, Stephen; Xin, Ling (2025-10-18). "Chinese Nobel Prize-winning physicist Chen-ning Yang dies, aged 103". South China Morning Post. Consultado o 2025-10-18.