Comunidade Económica Europea

(Redirección desde «CEE»)

A Comunidade Económica Europea (CEE) foi unha organización internacional creada por un dos dous Tratados de Roma de 1957 (en vigor dende 1958), coa finalidade de crear un mercado común europeo. Os Estados signatarios foron Francia, Italia, Alemaña (por aquel entón, só a República Federal Alemá, non a República Democrática Alemá) e os tres países do Benelux (Bélxica, Países Baixos e Luxemburgo). O tratado establecía un mercado e aranceis externos comúns, unha política conxunta para a agricultura, políticas comúns para o movemento da man de obra e dos transportes, e fundaba institucións comúns para o desenvolvemento económico. Estas institucións, posteriormente, no ano 1965, fusionáronse coas institucións da CECA e das do EURATOM, grazas ao Tratado de fusión (ou Tratado de Bruxelas).

 Comunidade Económica Europea
Imaxe da bandeira
 Instancia de
 Composto por
Características
 Moeda
Implicados
 Entidades subsidiarias
Datas
 Fundación / creación
1 de xaneiro de 1958 Editar o valor en Wikidata
 Disolución / destrución
1 de decembro de 2009 Editar o valor en Wikidata
Historia
 Sucedido por
Unión Europea (1 de novembro de 1993 - )
Comunidades Europeas (1 de novembro de 1993 - 1 de decembro de 2009) Editar o valor en Wikidata
 Substituído por
Localización
 Sede
 Mapas
Mapa de localización
Códigos e identificadores
VIAF239002089 Editar o valor en Wikidata
ISNI0000000122904914 Editar o valor en Wikidata
Freebase/m/04f72s7 Editar o valor en Wikidata
OpenAlexC3018369621 Editar o valor en Wikidata
Wikidata C:Commons

A CEE foi a máis famosa das tres Comunidades Europeas, e despois do Tratado de Maastricht (o TUE, onde se creou oficialmente a Unión Europea) cambióuselle o nome polo de Comunidade Europea (CE). Trala creación da Unión Europea, a CE (antiga CEE) pasou a formar parte do primeiro dos tres piares da Unión Europea (v. cadro á dereita).

Véxase tamén

editar

Outros artigos

editar