Boris Karloff
William Henry Pratt, nado en Londres (Inglaterra) o 23 de novembro de 1887 e finado en Midhurst (Sussex) o 2 de febreiro de 1969 foi un actor británico coñecido como Boris Karloff. Está considerado un dos grandes actores clásicos do cinema de terror, xunto con Béla Lugosi e Lon Chaney Jr..
| Biografía | |
|---|---|
| Nacemento | (en) William Henry Pratt 23 de novembro de 1887 Dulwich |
| Morte | 2 de febreiro de 1969 Midhurst |
| Causa da morte | pneumonía |
| Outros nomes | Boris Karloff |
| Relixión | Anglicanismo |
| Educación | King's College de Londres Uppingham School Enfield Grammar School (en) |
| Altura | 180 cm |
| Actividade | |
| Ocupación | actor de cinema, actor de teatro, actor |
| Período de actividade | 1919 |
| Familia | |
| Cónxuxe | Evelyn Hope (1946–1969), morte da persoa valor descoñecido (1930–1946), divorcio valor descoñecido (1924–1928), divorcio valor descoñecido (1920–1922), divorcio valor descoñecido (1916–1919), divorcio valor descoñecido (1910–1913), divorcio |
| Pais | Edward John Pratt |
| Premios | |
| Sitio web | karloff.com |
Traxectoria
editar
Fillo de Edward John Pratt Jr. e a súa terceira muller Eliza Sarah Millard, naceu en Camberwell, Londres, e creceu en Enfield. Orfo na súa mocidade, asistiu a clases na Enfield Grammar School antes de trasladarse á Uppingham School, a Merchant Taylor’s School e, de xeito ocasional, á Universidade de Londres. A primeira idea de Karloff era unirse ao servizo diplomático, como o seu irmán Sir John Henry Pratt, que chegou a converterse nun distinguido diplomático. En 1909 Karloff viaxou ao Canadá, onde cambiou o seu nome. Por motivos de saúde non combateu na primeira guerra mundial.
Cando chegou a Hollywood participou en numerosos filmes mudos, antes de aparecer como o monstro de Frankenstein en Frankenstein (1931), filme que o converteu en estrela e rodou grazas a que Béla Lugosi rexeitou o papel. Un ano despois interpretou outra personaxe icónica, Imhotep, en The Mummy.
A súa altura e o éxito de Frankenstein encadrárono no xénero de terror, realizando numerosos filmes para a Universal Pictures, se ben participou en filmes doutros xéneros, como A patrulla perdida de John Ford en 1934. Karloff interpretou o monstro de Frankenstein dúas veces máis, en Bride of Frankenstein (1935) e en Son of Frankenstein (1939), con Lugosi como o tolo Igor. Son coñecidas as longas sesións de maquillaxe ás que tivo que someterse baixo a dirección do maquillador Jack Pierce e o incómodo traxe e os zapatos de plataforma que lle causaron danos no lombo que sufriu o resto da súa vida.
Sobre os escenarios de Broadway estreou en 1941 a obra Arsenic and Old Lace na que interpretaba un gánster, que ao longo da función era confundido co propio Karloff. Nos seus últimos anos actuou varias veces na televisión e nunca abandonou o teatro.
A pesar dos papeis que o fixeron famoso, Karloff foi coñecido na vida real como un cabaleiro xeneroso, sobre todo coa infancia. Nunca tivo a mal quedar encadrado como actor de filmes de terror, senón que considerou que era unha magnífica oportunidade para demostrar os seus dotes e sempre estivo agradecido por iso.
Finou de pneumonía no King Edward VII Hospital de Midhurst aos 81 anos.
Filmografía
editarVéxase tamén
editar| Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Boris Karloff |
Bibliografía
editar- Lindsay, Cynthia. Dear Boris. Nova York: Knopf, 1975.
- Cortijo, Javier. "El aristócrata del terror". T&B: Madrid, 2000.
Ligazóns externas
editar- Boris Karloff na IMDb (en inglés).
- Páxina oficial